Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A iniciativa compostelá de Cidade Intelixente, polo miúdo no Smart City Expo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A iniciativa compostelá de Cidade Intelixente, polo miúdo no Smart City Expo

Redacción
Publicado: 02/12/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Fernando Suárez, responsable de Innovación no Concello de Santiago, nun acto recente en Compostela
Fernando Suárez, responsable de Innovación no Concello de Santiago, nun acto recente en Compostela
A presenza galega no que probablemente sexa o evento estatal máis importante do ámbito estatal, o Smart City Expo World Congress celebrado os días pasados pasados en Barcelona (entre o 17 e o 19 de novembro) resultou ser especialmente notable. Se os días pasados falamos da participación de dous investigadores da Universidade de Santiago (Celestino García e Benjamín Augusto López) achegando a súa visión sobre os moitos beneficios que as tecnoloxías smart poden ter para crear sustentabilidade e calidade de vida nos espazos urbanos, cómpre sinalar que a presenza de Compostela e dos seus expertos en Cidades Intelixentes non rematou aí. De feito, Fernando Suárez, en calidade de responsable de Innovación no Concello de Santiago, amosou os detalles de Smart iAgo, o proxecto para afianzar a capital de Galicia no ámbito das urbes smart.
Para comezar, Suárez debullou os catro eixes que artellan a iniciativa xirando arredor dun punto central ben definido: mellorar a calidade de vida e a habitabilidade dos cidadáns e visitantes. Estes catro eixes son os seguintes: mobilidade sustentable e intelixente, cidadanía Smart iAgo, goberno Smart iAgo e entorno Smart iAgo.
Polo que respecta ao primeiro punto, a mobilidade, o responsable de Innovación en Compostela sinalou que abrangue os seguintes retos asociados: reparto sustentable de mercancías no casco histórico (inclusión de vehículos máis sostibles para a circulación na cidade vella), habilitación de sistemas intelixentes de xestión de tráfico e xestión smart de aparcamentos (liña esta na que se insire a experiencia piloto de Santa Marta, na contorna da rúa de Barcelona).
No que atinxe á ámbito da cidadanía, Suárez fixo saber que neste eido inclúense cousas como a xestión de refugallos intelixente. Na contorna de goberno, un dos obxectivos que se busca é acadar unha xestión integral de información e servizos, ao que cómpre engadir os servizos integrados co cidadán e a empresa (administración máis eficiente). O apartado de entorno dá acubillo a todo tipo de medidas para revitalizar a zona histórica, compaxinando a integración de tecnoloxías avanzadas smart coa conservación da contorna (Smart_District). Segundo ten informado Suárez en anteriores exposicións do proxecto compostelán, un dos obxectivos que se busca neste último apartado é desenvolver metodoloxías que permitan unha conectividade óptima na área histórica (banda larga de alta velocidade), arestora moi coartada polas súas características físicas (rúas estreitas, sobrepresenza do muros grosos de granito) e polos regulamentos que impiden realizar determinadas obras e instalacións.
Outra das actuacións visibles, engadiu Fernando Suárez, é o lanzamento do servizo +Bus de TUSSA, que como lembraremos permite aos cidadáns ter información en tempo real no seu dispositivo móbil de todo o relativo ao transporte público de Santiago, achegando cousas como o tempo que vai tardar un autobús en chegar a unha parada concreta ou, tamén, alertas sobre tráfico (a través da versión 2.0 da aplicación, da que falamos recentemente en Código Cero).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?