Dende o sábado 6 de decembro (e ata o 18 de xaneiro de 2016) Vigo contará cunha pista de xeo para patinaxe co motivo das festas do Nadal. Cómpre dicir que Vodafone emprestará o seu patrocinio a esta pista que se atopará na praia de Samil. O horario de apertura ao público será de 10:00 a 22:00 horas de luns a venres; os sábados e vésperas de festivos o peche será ás 00:00 horas, os domingos e vacacións escolares o horario será de 11:00 a 23:00 horas, o día 24 e 31 de decembro de 10:00 a 19:30 e os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro de 16:30 a 23:30 horas. Informar que a operadora instalará unha caseta con actividades de animación de realidade virtual, sorteo de terminais e moitas sorpresas máis, así como unha área na que se informará sobre os diferentes plans da proposta de Vodafone One e tamén a oferta de terminais de Huawei.
Alén disto, lembrar que Vodafone está traballando para dotar a Galicia das redes de banda larga ultrarrápida máis extensas e dunha meirande calidade. Neste senso, a contribución económica directa de Vodafone España en Galicia foi de 263 millóns de euros no último ano fiscal. En canto á banda larga ultrarrápida móbil 4G, a cobertura en Galicia chega a case o 80% da poboación. Este despregamento está a verse potenciado co acceso progresivo da banda de 800 MHz, entre cuxas vantaxes figura unha mellora moi significativa da cobertura en interiores. Así, no que respecta á fibra óptica, en Vigo hai máis de 25.800 unidades inmobiliarias despregadas e para Galicia no seu conxunto, está previsto chegar a máis de 278.000 en decembro de 2016.
Vodafone colabora para a posta en marcha da pista de xeo de Vigo
Compartir Este Artigo

