Luzes, a publicación galega impulsada na recta final de 2013 por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, vén de presentar a súa nova web, Revistaluzes.com, e máis un monográfico sobre as eleccións do 20D no Culturgal. Ámbalas achegas foron dadas a coñecer na feira Culturgal, esta fin de semana en Pontevedra, onde e informou que a páxina incluirá a partir de xaneiro deste anos contidos pechados exclusivos para os seus subscritores. Os encargados de amosar as novidades en Luzes foron, precisamente, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas.
Amais do devandito, informaron que Revistaluzes.com xa está dispoñibel para todos os lectores cunha escolma das mellores reportaxes e entrevistas da revista. “A partir de xaneiro de 2016”, engadiron, “a web seguirá aberta mais contara con contidos pechados, exclusivos para os subscritores e subscritoras da revista”. O monográfico sobre o 20D, que inclúe pezas de Antón Losada, Sonia Vizoso, Claudia Morán e Fermín Bouza, será distribuído de maneira gratuíta aos subscritores e subscritoras de Luzes e terá un prezo de venda de 3.50 euros. Para todo aquel que desexe subscribirse a Luzes, pode facelo a través do novo web ou enviando un correo electrónico a subscricions@revistaluzces.com.
A presenza de Luzes no Culturgal, nas redes sociais e na Internet, responde a súa “necesidade de transformarse nun espazo habitado, dispoñible para todo aquel que queira achegarse”, segundo as palabras do seu director Xosé Manuel Pereiro.
Luzes presentou nova web en Culturgal
Compartir Este Artigo

