
Podemos ver información detalla dos cursos, das datas e das localizacións na páxina web específica do CPAE 2.0, máis polo miúdo no seu calendarios de eventos. Haberá (entre outros) obradoiros sobre comercio electrónico para PEME, sobre o uso de Facebook Ads, sobre as máis axeitadas plataformas de ecommerce que podemos elixir, sobre Google Analytics, sobre as principais e máis salientables ferramentas tecnoloxías para o sector agrogandeiro ou sobre como tirarlle partido á rede social Facebook no camiño de rendibilizar o noso perfil profesional.
Destinatarios
Lembrar que para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios (un colectivo integrado por 64.000 autónomos e PEME da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial desta), unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
A Deputación de Pontevedra comeza ano con 20 obradoiros TIC para autónomos e PEME
Compartir Este Artigo

