Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Open Future consolídase como o principal investidor corporativo español en Venture Capital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Open Future consolídase como o principal investidor corporativo español en Venture Capital

Redacción
Publicado: 07/01/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Telefónica, a través do seu programa Open Future, terminou 2015 como un dos investidores corporativos máis relevantes en España no campo da innovación aberta e investimento en Venture Capital e un dos máis importantes a nivel europeo. Con presenza en 17 países, Open Future investiu en máis de 600 startups (fronte ás 315 que existían hai ano e medio), acelerou 850 proxectos empresariais e conta con máis de 85 socios públicos e privados.
O investimento comprometido en Venture Capital mediante os vehículos de investimento como Telefónica Ventures e os Fondos Amerigo no que participan, entre outros organismos, o CDTI ou AECID, foi de 349 millóns de euros nos últimos 4 anos, consolidando á compañía como un dos investidores en capital risco máis potentes do territorio nacional. A distribución xeográfica destes fondos comprometidos é do 9% en España, 11% no resto de Europa, 13% en América latina e o restante 68% está repartido entre USA, Israel e o resto do mundo.
Para Ana Segurado, directora de Telefónica Open Future ”no último ano e medio constituímonos como unha ferramenta fundamental para Telefónica na súa estratexia dixital, converténdonos nun observatorio privilexiado para detectar, captar e incorporar a revolución tecnolóxica co obxectivo de poñelo ao servizo tanto da compañía como dos seus clientes coa finalidade última de ir introducindo estas innovacións na sociedade”. De feito, o 20% das startups colabora activamente coas diferentes áreas da empresa para realizar desenvolvementos comerciais conxuntos.
As operacións máis destacadas son as realizadas por Carto DB e Job & Talent, ambas as startups foron investidas por un vehículo de investimento de Telefónica Open Future chamado Amerigo Innvierte Spain Technologies e xestionadas por Kibo Ventures, habendo levantado 21 e 23 millóns de euros, respectivamente.
Os fondos Amerigo tamén estiveron presentes noutros tres exemplos de empresas que levantaron importantes roldas de financiamento en Europa, como son: Packlink, tamén investida por Amerigo Innvierte Spain Ventures e xestionada por Active Venture Partners e que na súa última rolda de investimento levantou 12 millóns de euros; a alemá Tado xestionada por Shortcut Ventures que levantou 17 millóns de dólares no 2015, ou a inglesa SumUp tamén participada por Shortcut Ventures, que conseguiu levantar 11 millóns de dólares no mes de agosto.
As startups de Wayra tamén deron mostras de gran dinamismo, espertando o interese investidor. No último ano e medio producíronse 7 exits ou vendas de empresas participadas, entre as que destacan: a compra da irlandesa Trustev por parte de TransUnión, a da española Marfeel por Nauta Capital, Elaia Partners e BDMI, e a arxentina ComentaTV, adquirida por Wayin, o que permitiu multiplicar por 22, 6 e 4 veces, respectivamente, o investimento inicialmente realizado.
Segundo Startup Europe Platform, o ecosistema de startups en Europa elaborado pola UE en base a datos de Angel List, Crunchbase e Seed DB, Telefónica Open Future está presente no 32% de todo o scaleup español (empresas emprendedoras que levantan máis de 1 millón de euros e escalan a unha segunda fase). Para Javier Pracer, CEO de Telefónica Open Future, “estes datos avalan a estratexia de Telefónica e anímannos a conseguir o mesmo tanto no resto de Europa e América latina, como en Asia e África a través dos nosos socios, maximizando así o valor da actual rede de innovación aberta”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?