Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A diversidade sexual das comunidades, polo miúdo nunha web impulsada dende o Campus de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A diversidade sexual das comunidades, polo miúdo nunha web impulsada dende o Campus de Ourense

Redacción
Publicado: 12/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_etnicsexualidade.jpgUn grupo da Universidade de Vigo dirixido pola socióloga galega Águeda Gómez vén de pór en marcha unha web dirixida a amosar os moi diversos xeitos que temos as persoas de relacionarnos. A páxina, “unha viaxe transcultural polo xénero e a sexualidade en diferentes comunidades”, encamíñase nas palabras das súas impulsoras a visualizar “outras formas de sociedade, con outras clasificacións de xénero e de sexualidades”. Segundo informa a Uvigo, o sitio en cuestión é moi acaido para investigadores e docentes e leva por título Etnicsexualidade. Investigación en grupos étnicos e sexualidade.
O acubillo en liña recompila os froitos do traballo realizado ao longo de máis dunha década pola docente da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense) Águeda Gómez con especialistas como a antropóloga mexicana Marinella Miano; a socióloga Silvia Pérez; o docente de Comunicación Audiovisual Xaime Fandiño, a docente de Economía Aplicada Rosa María Verdugo e o enxeñeiro agrónomo Alejandro Nuricumbo.
O resultado de todo isto permite ver como “o sistema sexo/xénero dunha sociedade non obedece a unha orde natural dada, senón que é un produto sociocultural e, polo iso, temporal e cambiante”, sinala a responsable da páxina, que engade que estamos, ante todo, “perante deseños culturais de carácter arbitrario que responden a relacións históricas e sociais, de poder e de control social”.
Detrás da web, dándolle forma e apoio, atópase a unidade didáctica Xénero e sexualidade no mundo: unha viaxe transcultural, realizada grazas ao accésit concedido no primeiro Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero Antonia Ferrín Moreiras, convocado pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo no ano 2015. Como contexto a esta unidade didáctica, podemos dar conta na páxina de traballos sobre a prostitución en España; a educación para a igualdade desde a antropoloxía sexual; as culturas sexuais indíxenas en México; a existencia de sociedades matriarcais; a relación entre e etnicidade e identidades analóxicas, e a muller e a mobilización étnica. Segundo informa a Universidade de Vigo en relación a estes traballos achégase un amplo abano de información, vídeos e imaxes orixinais sobre as culturas obxecto de interese, presentacións, ligazóns a recursos de interese, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?