Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ampla demanda para os novos cursos TIC de InLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ampla demanda para os novos cursos TIC de InLugo

Redacción
Publicado: 12/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

inlugo_cursos.jpgA Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de inscrición para os novos cursos do InLugo, a súa iniciativa socio-tecnolóxica para favorecer a vida saudable e o envellecemento activo a través do uso enriquecedor das novas tecnoloxías da información (computadores, Internet, móbiles, cámaras dixitais). Segundo informa o organismo provincial, o interese polos novos cursos de InLugo (adicados, tamén, a fomentar actividades de mellora persoal pola vía das TIC) foi ben amplo, xa que ao longo da mañá de onte cubríronse o 75% das prazas, “o que dá conta da alta demanda que teñen estes cursos impartidos polos traballadores da Fundación TIC”, explican fontes da Deputación.
Nestas actividades, como dixemos, as persoas maiores de 55 anos aprenden a desenvolverse coas novas tecnoloxías para mellorar a súa calidade de vida, estimular a memoria e traballar diversas habilidades. Serán un total de 16 cursos, nos que se formarán 203 persoas entre os meses de xaneiro e marzo.
As accións formativas teñen as seguintes temáticas: Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador (2 edicións); Obradoiro de memoria TicTac Lugo. Enriquecendo a memoria do pasado (3 edicións); Que son as redes sociais: descobre Facebook (crea o teu propio perfil nas redes sociais); Mantemos en forma o cerebro coa Wii; Copia os teus arquivos; Atréveste con Internet? (2 edicións); Ximnasia mental coa tableta; Escribe no teu computador empregando un editor de texto; Manéxate coas novas tecnoloxías, coñece a túa tableta; O carteiro en Internet (que é o correo electrónico?); Organízate co teu móbil; Exercicio mental co computador e Avanza e coñece todo o que pidas facer co teu smartphone. As persoas interesadas poden anotarse acudindo ás propias instalacións do InLugo, chamando ao 982-22-51-86 ou na web da Fundación TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?