Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conectadas 2016 abre prazo de presentación de solicitudes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conectadas 2016 abre prazo de presentación de solicitudes

Redacción
Publicado: 12/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
O programa Conectadas 2016 da Deputación de Pontevedra xa ten aberto o prazo para a presentación de solicitudes encamiñadas a optar á oferta formativa de seu. Son aspirantes potenciais entidades sen arela de lucro que teñan como obxectivo a promoción e o desenvolvemento das mulleres, amais da consecución da igualdade entre xéneros. O organismo provincial achega un total de 267 prazas ao abeiro de Conectadas, un programa destinado a fornecer entre a poboación feminina da provincia “unha formación acorde cos tempos actuais”. Así, ten como obxectivos extra favorecer o intercambio de experiencias en igualdade, impulsar accións formativas e facilitar o emprego da información e as novas tecnoloxías.
A Deputación de Pontevedra publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases reguladoras do programa. A partir de hoxe e durante un mes as entidades aspirantes poderán presentar as súas solicitudes nos rexistros da Deputación para poder optar ás 267 prazas deste programa. Este, dotado de 321.433 euros, abrangue unha completa axenda de accións formativas. As actividades estarán abertas a toda a poboación da provincia e incluirán o tratamento da igualdade entre mulleres e homes a través dun módulo de sensibilización en igualdade de 5 horas de duración. Segundo sinala a Deputación, as mulleres terán preferencia, reservándose o 25 % das prazas para homes, agás no bloque Súmate ao cambio, no que a participación pode ser mixta xa que se cubrirán as prazas ao 50 %.
Conectadas 2016 centraranse en boa medida nos ámbitos do emprendemento (iniciativas sustentables para o emprego, achegándose formación sobre crear unha empresa e deseñar un plan de negocio, community manager, comercio electrónico, asesoría laboral e fiscal e adestramento), da cultura (cursos sobre edición de fotografía, pintura, percusión e canto tradicional, teatro e animación á lectura e memoria) e da innovación e novas tecnoloxías (a través da proposta Actualízate tentarase alfabetizar dixitalmente as mulleres, do papel ao computador, correo electrónico, manexo de tableta, teléfono intelixente e redes sociais). O programa complétase con iniciativas formativas sobre artesanía, xardinería, alimentación, actividade física ou coidados persoais e saúde.
A iniciativa vai dirixida a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?