Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CreAppcuentos leva Cretales ao evento internacional Bett 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CreAppcuentos leva Cretales ao evento internacional Bett 2016

Redacción
Publicado: 12/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

creatales.jpgA compañía galega CreAppcuentos, responsable da aplicación do mesmo nome destinada a permitir a creación de contos entre nenos e maiores, segue a dar pasos importantes no mundo. Desta volta, cómpre informar da súa vindeira participación no que en palabras dos responsables da empresa é “o meirande evento mundial de educación e tecnoloxía”. Estamos a falar do Bett Show 2016, onde a plataforma educativa amosará o miolo de Creatales, a súa achega docente para reforzar o ensino a través do uso das tabletas. Creatales, como lembraremos, constitúe unha adaptación específica de Creappcuentos para docentes e profesionais do eido educativo. Foi probada e implementada no ámbito estatal e agora os seus desenvolvedores preparan o chimpo definitivo internacional. A participación no Bett Show forma parte disto.
“A través desta participación na edición 2016 deste evento”, explican, “amosaremos a nosa nova aposta tecnolóxica perante diferentes públicos interesados, como por exemplo centros educativos, para que se poida usar a ferramenta nas aulas, e para que os distribuidores e as editoriais que queiran difundir a iniciativa, amais doutras start-ups educativas, poidan acadar melloras nos produtos de seu”.
A cita Bett Show será pois un inmellorable escaparate. De feito, xuntará milleiros de docentes e centros de ensino de todo o mundo en Londres á procura de solucións para incorporar ao seu labor cotián. Neste contexto, Creappcuentos está a ver “unha oportunidade incrible para amosarlles as características de Creatales nas clases e as vantaxes que achega”, sinala Avelino Correa, co-fundador da iniciativa, que engade que dende a compañía están a “apostar forte” para dar un enfoque educativo á aplicación, incorporando na ferramenta CreAppcuentos novos paquetes como o de Aldeas Infantís ou o de Comida Sa, que tamén serán presentados no evento de educación e tecnoloxía. O acontecemento terá lugar entre o 20 e o 23 de xaneiro en Londres e CreAppcuentos estará presente na caseta C78.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?