Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FOGA dixitaliza valiosos fondos do Arquivo Diocesano de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FOGA dixitaliza valiosos fondos do Arquivo Diocesano de Lugo

Redacción
Publicado: 12/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

diocese_lugo_dixitalizacion.jpgA empresa galega FOGA chegou recentemente a un acordo cos responsables do Arquivo Diocesano de Lugo para o inventariado, ordenación e catalogación do seu Fondo de Ordes Sacras. O proxecto foi dado a coñecer estes días, trala entrega da primeira fase dos traballos de dixitalización, un acto no que participaron José Mario Vázquez, vigairo xeral da Diocese de Lugo, Óscar González, director do Arquivo Diocesano, amais dos profesionais da propia firma con sede en Compostela. O obxectivo destes traballos de migración a formato dixital é conservar de maneira axeitada o patrimonio (fondos documentais) da dita institución eclesiástica, e incentivar aínda máis a súa consulta e difusión (xa de por si importantes, dado o seu “prestixio e calidade”).
As tarefas céntranse na adecuación e dixitalización dos fotogramas dos fondos, concretamente dos libros de Fábrica, Bautismos, Defuncións, Matrimonio e Varios. A maiores, e segundo informan dende FOGA, a masa documental destes arquivos (do mesmo xeito que acontece cos Arquivos Capitulares) pode agruparse en tres divisións: Goberno, Provisorato e Administración Xeral, que almacenan os documentos producidos e recibidos como resultado das súas actividades. “O Arquivo Diocesano de Lugo”, engaden dende a empresa compostelá, “é un arquivo vivo, xa que recibe documentación a diario e, por iso resulta preciso distinguir entre os documentos que pertencen ao seu fondo histórico e aqueles que integran o seu fondo administrativo”.
Co obxectivo de “permitir a consulta desta tipoloxía de fondos por parte de investigadores e usuarios en xeral”, a institución aborda a organización e dixitalización do fondo de Ordes Sacras, pertencentes á serie documental do Clero Secular Diocesano, cunha cronoloxía que abrangue desde 1652 a 1996. Estes fondos recollen a relación de todos os candidatos ordenados de prima clerical tonsura, ordes menores ou graos, epístola, evanxeo e misa. Ademais, permiten establecer unha relación cos mazos de Patrimonio e cos mazos de Ordes.
“Dada a súa natureza”, engade FOGA, “trátase dun proxecto de longo alcance que deberá realizarse en sucesivas fases debido á complexidade dos traballos a realizar, non só polo elevado número de rexistros que contén cada un dos mazos de documentación, senón porque se trata dun proceso laborioso e minucioso de recollida de datos para a catalogación, como o detalle do nome da persoa que se ordena, o ano da súa ordenación, a súa procedencia e o grao no cal se ordena”.
O proceso de captura dixital realizarase no Laboratorio de FOGA e incluirá outros servizos asociados como a recollida e traslado dos documentos, a resolución de incidencias e o control da calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?