Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a súa andaina Turespazo, canle dixital ao servizo do sector turístico galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a súa andaina Turespazo, canle dixital ao servizo do sector turístico galego

Redacción
Publicado: 13/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amtega_turespazo-2.jpgHoxe tiña lugar en Compostela a reunión da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro coa xunta directiva do Clúster de Turismo de Galicia. A xuntanza tiña como obxectivo presentarlles Turespazo, a extranet que achega aos profesionais e empresarios do sector un único punto de acceso para a autoxestión en liña da súa información administrativa e de mercadotecnia. O encontro serviu como “eixo identificativo” dos establecementos piloto nos que se probará Turespazo. Logo do período de pilotaxe, levarase a cabo un plan conxunto co sector para o seu despregamento así como un plan de formación e soporte aos profesionais.
Turespazo forma parte do Plan Smart Turismo que a Xunta puxo en marcha o pasado ano co gallo de promover a modernización tecnolóxica dun sector estratéxico da economía galega. A entrada en funcionamento desta canle dixital aforrará tempo e recursos aos profesionais do sector, amais de optimizar a súa relación coa Administración e mellorar a oferta turística a través da Rede.
20160113_turespazo.jpgTurespazo estará dispoñible a través do portal de Turismo e o profesional ou empresario, previa identificación, accederá aos datos oficiais e promocionais que a Administración ten sobre o seu negocio e poderá modificalos. Turespazo está integrado coa sede electrónica da Xunta para facilitar cambios na información de índole administrativa así como a realización dalgún dos preto de 30 trámites que a Xunta ten dispoñibles para o sector.
A dita canle dixital servirá aos profesionais e empresarios para modificar datos de promocións relativos aos seus establecementos e negocios, que se actualizarán de xeito automático na rede de portais, aplicacións e soportes de Turismo, garantindo ao usuario final unha información de calidade en tempo real.
Por último, engadir que Turespazo nace como un espazo de contribución e participación entre o sector e a Administración, que irá achegando novas funcionalidades: publicación de ofertas e promocións individualizadas de cada establecemento; ou mesmo a posibilidade de coñecer os movementos e fluxos dos turistas para que os establecementos poidan adaptar e xerar ofertas personalizadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?