Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG debullará os desafíos da nosa cultura na sociedade en Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG debullará os desafíos da nosa cultura na sociedade en Rede

Redacción
Publicado: 13/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_desafios.jpgO Consello da Cultura de Galicia quere amosar polo miúdo todo o que se fixo para afianzar a nosa cultura na Rede e, máis aínda, todo o que fica por facer. Este é un dos obxectivos da xornada Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da sociedade en rede, que xa ten aberto o prazo de inscrición para participarmos nela e que terá lugar na sede do CCG en Raxoi o vindeiro 24 de febreiro. A proposta está coordinada por Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago, e contará coa presenza de expertos como Mario Tascón ou Rosa Franquet para falar de novas dinámicas de socialización que inciden nos usos e consumos de produtos culturais.
A xornada, sinalan os seus responsables, pretende “ofrecer as claves para unha cultura como a galega ante un novo contexto, caracterizado pola perda do espazo e do tempo como referencia e a participación activa por parte da cidadanía; unha sociedade en rede que multiplica as posibilidades para que as nosas manifestacións culturais interactúen e contribúan a xerar coñecemento”. Sobre esta idea redundarán os cincos relatorios previstos na xornada, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega.
A xornada arrinca cunha conferencia do catedrático da Universidad de Málaga, Juan Antonio García Galindo, que, baixo o título Tempo, Espazo e Comunicación cultural na sociedade dixital, teorizará sobre o contexto actual. Macial Muriano ofrecerá o punto de vista da mocidade, ao centrarse nos modos de interacción nas redes sociais e na cultura por parte dos máis novos. Os relatorios da mañá conclúen coa intervención de Carlos Elías, da Universidad Carlos III de Madrid, sobre as oportunidades para comunicar cultura.
Xa na sesión da tarde, Rosa Franquet, da Universidad Autónoma, dará claves sobre como situar a identidade propia no marco do novo escenario cultural. Pecha a sesión Mario Tascón, consultor experto en redes sociais, que falará sobre a creación de contidos, a diversidade e a identidade na sociedade interconectada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?