Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITI equípase cun centro de cálculo de altas prestacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITI equípase cun centro de cálculo de altas prestacións

Redacción
Publicado: 13/01/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_citi_calculo.jpgCo obxectivo de favorecer o procesamento interno de datos, imprescindible para levar a cabo tarefas de complexidade (sen necesidade de recorrer por sistema a centros de supercomputación externos, co adiamento nos resultados que isto pode implicar), o CITI, o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, vén de dotarse dun servidor de cálculo científico de altas prestacións. Trátase, segundo informan os seus responsables, dun centro de cálculo de prestacións intermedias, situado a medio camiño entre os supercomputadores e aqueles equipos que poidan ter empresas ou grupos de investigación. A tecnoloxía habilitada conta cun espazo de seu na planta piloto do CITI, e foi financiada con 278.239 euros (Ministerio de Economía e fondos FEDER).
“O obxectivo do proxecto é pór a disposición de grupos e empresas equipos de gran potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU, capaces de xestionar grandes volumes de datos”, salienta Xosé Antón Vila Sobrino, director do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación emprazado no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. Segundo engade, “os grupos que traballan en ámbitos como a bioinformática, a meteoroloxía, a física de partículas ou a computación gráfica, precisan manexar nas súas investigacións grandes volumes de datos ou realizar miles de millóns de operacións en cada experimento”. Neste tipo de tarefas e traballos, engade, viña sendo habitual acudir a equipos potentes e especializados, con grandes cantidades de memoria, alta capacidade de almacenamento ou de traballo en paralelo. Porén, o grande e crecente volume de usuarios que precisan acudir hoxe en día aos centros de supercomputación que acubillan estes grandes equipos de cálculo está a motivar que determinados grupos de investigación (como por exemplo os do CITI) se interesen por contar con infraestruturas de seu. De feito, a falta nestes supercomputadores de espazo de almacenamento permanente e a complexidade dos traballos de investigación actuais, “que poden requirir dun conxunto de recursos de cálculo e tempo de experimentación considerables”, provoca, en opinión de Vila Sobrino, “sobrecarga nas colas de traballo destes centros e limitacións na súa execución”.
uvigo_citi_2.jpgO novo centro do CITI está dotado concretamente cun servidor de cálculo SIE Landon GPUs Rack; un servidor de arquivos SIE Ladon Haswell 72c, para o manexo de grandes arquivos en rack, e un servidor de virtualización e almacenamento en rack SIE Ladon IB E5-4600 40c. Con este equipamento, sinalan os seus impulsores, “búscase integrar potencia de cálculo, tanto de CPU como GPU; posibilidade de almacenamento de grandes cantidades de datos nos servidores de forma permanente; centralización asociada ao mantemento de equipos e mellora na xestión de usuarios, tanto en acceso lóxico como físico aos equipos”.
Os primeiros en beneficiarse desta nova infraestrutura serán os equipos de investigación do Campus de Ourense que apoiaron a proposta do proxecto, que son Ephyslab (Environmental Physics Laboratory); Grupo AA1 (Investigacións Agroalimentarias); Grupo SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración); Grupo LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada), Grupo de Termofísica e Grupo Mile (Biomedical Informátics and Signal Processing). Ademais, engade o director do CITI, poderán beneficiarse das súas prestacións grupos da Universidade de Vigo, empresas da Tecnópole, onde se empraza o CITI, e outras empresas e entidades interesadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?