Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Soben as vendas en Internet das nosas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Soben as vendas en Internet das nosas empresas

Redacción
Publicado: 18/01/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

computadora_traballando-5.jpgO Observatorio da Sociedade da Información (OSIMGA) vén de dar a coñecer a edición 2015 do seu informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, un estudo que, como o seu propio nome indica, diríxese a avaliar e a amosar o estado de adopción das novas tecnoloxías no noso tecido produtivo. A investigación de OSIMGA salienta, para comezar, que o ano pasado as empresas da nosa terra foron quen de facer medrar as súas vendas en liña, emprazándose por riba da media española. Así, unha de cada cinco firmas de 10 ou máis traballadores con actividade na nosa terra tivo actividade de vendas na Rede, cunha suba de case cinco puntos en relación ao ano anterior. Polo que atinxe ás microempresas, estas amosaron unha suba superior á devandita, con seis puntos máis que en 2014.
No que atinxe a servizos e funcionalidades concretos da Internet, a investigación apunta, como dato salientable, que tres de cada catro empresas de máis de 10 traballadores e un 34,9% das microempresas galegas empregan a sinatura dixital. As grandes empresas galegas tiran partido desta funcionalidade en maior medida que no conxunto do Estado, mentres que no caso das microempresas sitúanse en valores próximos á media estatal.
En relación ao envío de facturas electrónicas as empresas galegas superan a media estatal, con independencia do seu tamaño. Nas de máis de 10 traballadores, a porcentaxe de empresas galegas que enviaron facturas electrónicas ascendeu ata a 17,9% fronte ao 14,5% da media estatal. No caso das microempresas galegas, a porcentaxe sitúase no 3,9% fronte ao 2,9% da media estatal.
Polo que respecta ao emprego de dispositivos móbiles, este incrementouse “de maneira significativa” no último ano, sobre todo nas empresas máis grandes. “Dúas de cada tres empresas galegas de 10 ou máis traballadores proporcionaron dispositivos portátiles con conexión a Internet para uso empresarial, 11,8 puntos máis que o ano anterior”, sinálase no informe, no que tamén se fai referencia do nivel de implantación dos servizos chamados “da nube”. Así, un 4% das microempresas mercaron este tipo de solucións cloud computing, elevándose a porcentaxe nas empresas máis grandes ata o 17,1%.
As ferramentas ERP para compartir información sobre compras e vendas con outras áreas da empresa; e CRM para a xestión de vendas e información de clientes, están presentes no 44,5% e no 40% das as empresas galegas de máis tamaño, superando a media estatal en ambos casos.
Na investigación tamén se informa de que “a práctica totalidade das empresas galegas de 10 ou máis traballadores dispón de Internet contratado”. No caso das microempresas, este dato sitúase no 57,9%. No informe de OSIMGA, a respecto do devandito, sinálase “que o acceso á banda larga móbil segue aumentando nas empresas galegas de máis de 10 traballadores, situándose no 79,3% mentres que nas microempresas este indicador está no 60,2%”.
Respecto ás velocidades, o 55,3% das grandes empresas contratan velocidades de 10 Mbps ou superior, fronte ao 44,3% das microempresas. Neste segmento empresarial, o indicador experimentou un aumento de 5 puntos porcentuais no tramo de velocidade superior ou igual a 10 Mbps.
Un 78,1% das empresas de máis de 10 traballadores con actividade en Galicia posúe páxina web, fronte ao 28% das microempresas con conexión a Internet, engádese na investigación, na que tamén se confirma a tendencia á alza no que a uso de redes sociais se refire (Facebook, LinkedIn, Tuenti), blogs de empresa, espazos con contidos multimedia ou outras ferramentas wiki de coñecemento. Deste xeito, explícase, “un 39,6% das empresas de 10 ou máis traballadores con sede ou actividade en Galicia emprega as redes sociais sociais fronte ao 27,3% das microempresas”. Os valores deste indicador para as empresas galegas superan lixeiramente a media estatal.
No informe tamén se sinala que un 91,7% das empresas de 10 e máis asalariados que teñen actividade en Galicia interactuou coas Administracións públicas través de Internet. No caso das microempresas con conexión a Internet, a porcentaxe sitúase no 72,7%, cunha subida de 6,1 puntos porcentuais respecto ao ano anterior, o que as sitúa por riba da media estatal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?