
Os participantes, cóntanos o aventureiro e empresario, realizaron unha travesía dende Vigo ata a zona sur do arquipélago galego. Logo, percorreron os carreiros da Illa Norte para poder retratala e transmitir a todos os seus seareiros “a beleza desta paisaxe única mediante a subida de fotografías a Instagram”. As fotos, ademais, foron xeolocalizadas coa finalidade de “acadar a meirande visibilidade posible” e conseguir espallar ao máximo a pegada da aventura (“viralizándoa”), unha experiencia cuxo obxectivo foi o de promover as Illas Cíes como candidatas á UNESCO World Nature Heritage. Os “influencers” que concorreron no este evento foron os seguintes:
· Oliver Vegas @ovunno; 400.000 seareiros
· Shu, Thetraveler Bear @shuthebear; 3.829 seareiros
· Allan @chaiwalla; 160.000 seareiros
· Saul @saaggo; 315.000 seareiros
· Lesia @thebestdestinations; 83.000 seareiros
· Manuel @sejkko; 185.000 seareiros
· Francisco @Francisco_oli; 68.700 seareiros
· Samuel @kitato; 72.400 seareiros
· Patricia @passtiche; 19.800 seareiros
· Raquel @raquelcalvino; 57.800 seareiros
· Marcelo @marchi3003; 12.700 seareiros
· Jose Ramón @txomito12; 82.800 seareiros
· Cristina @criscostacha; 8.300 seareiros
A visita puido ser seguida a través das redes de Twitter e Instagram @visitciesislands e da etiqueta #visitciesislands. Esta acción enmárcase dentro das actividades de promoción de Turismo de Vigo, Concello de Vigo, e Vigo Convention Bureau en FITUR, institución que apostou por esta acción como vía de comunicación para transmitir a beleza das Illas Cíes. Segundo nos conta Oliver Vegas, en só tres días acadáronse un total de 900.000 impresións en Twitter; nunha conta de case 200 seareiros, e un total de 102 fotos en Instagram entre os “influencers” e usuarios que se animaron a subir as súas fotos das súas experiencias nas Illas Cíes.
Ad&Ventures convocou 1.500.000 seareiros nas redes sociais arredor das Illas Cíes
Compartir Este Artigo

