Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación galega Tilín Tilín axúdanos na procura da parella ideal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación galega Tilín Tilín axúdanos na procura da parella ideal

Redacción
Publicado: 28/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tilin1.jpgEntre as iniciativas innovadoras que se están a impulsar este ano ao abeiro da aceleradora VíaGalicia atópase o desenvolvemento dunha tecnoloxía directamente encamiñada a “xerar felicidade”. Trátase de Tilín Tilín, unha aplicación de telefonía móbil que, como indica o seu propio nome, axuda aos usuarios a atopar aquelas persoas coas que sintonizan mellor. A ferramenta, impulsada por dous emprendedores de Lugo (Javier e Miguel Morandeira) forma parte dos proxectos de Lugo que aspiran a seren finalistas en VíaGalicia, un programa da Zona Franca de Vigo e da Xunta que abrangue axudas de ata 125.000 euros. A aplicación preséntase perante o mundo como unha tecnoloxía “para coquetear con discreción e sinxeleza”.
Podemos descargala se somos maiores de dezaseis anos e, a partir de aí, non hai límite de idade. Para tirarlle partido “só teremos que elixir un dos contados da nosa axenda cos que queiramos ter algo máis ca unha relación de amizade, e premer sobre o seu nome facendo tilín”. O funcionamento, a partir de aí, é en boa medida semellante ao que adoita acontecer na vida off line, pero desta volta coa axuda do móbil e dos novos recursos de comunicación: se temos sorte, a persoa elixida tamén premerá no noso perfil e abrirá un chat, unha conversa particular na que “poderemos propoñer actividades variadas para realizar de maneira conxunta e coñecernos un pouco máis”.
A aplicación galega, que é de balde, xurdiu co seguinte obxectivo: dar forma a unha rede social que sexa quen de establecer polo menos dúas parellas por cada 40 usuarios rexistrados. Segundo fan saber os seus impulsores, do que se trata é de “facer doado o difícil”. Ou sexa, de facilitar ao máximo o en ocasións complexo labor de tentar establecer amizade con outra persoa. A aplicación, de feito, permite iniciar comunicacións coa persoa da nosa axenda “pola que sempre sentimos predilección”. A gran vantaxe é que non se desvelará a nosa identidade se a outra persoa non se apunta tamén a facer tilín.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?