Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense aposta pola formación tecnolóxica para a rapazada con ICCKids
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense aposta pola formación tecnolóxica para a rapazada con ICCKids

Redacción
Publicado: 28/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_icckids-2.jpgAs nenas, nenos e adolescentes da nosa terra teñen ao seu alcance un interesante programa de actividades para formárense (formárense aprendendo) nunha chea de ámbitos formativos, científicos e tecnolóxicos. Falamos de ICCKids 2016, unha iniciativa que se desenvolve (por vez primeira) como ramificación dun evento máis xenérico, ICCWeek 2016, ámbolos dous da man da Deputación de Ourense. O programa ICCKids 2016 vai dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 15 anos e inclúe un completo programa de obradoiros. O evento presentouse esta semana no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador da ICCWeek, Juan Rivas; e a coordinadora da ICCKids, Cristina Blanco. ICCKids é, en boa medida, unha ampliación ao público infantil e xuvenil dos obxectivos e liñas temáticas de ICCWeek.
Os obradoiros para nenos e adolescentes desenvolveranse ao longo de todo o ano 2016 en diferentes poboacións do territorio provincial: Bande, Celanova, O Barco, Xinzo de Limia, Ourense, O Carballiño, Verín e Beade. As actividades abranguerán temas como programación informática, fotografía, pintura e plastilina condutivas, stop-motion e video mapping. En palabras de Balatar, “estamos a falar da xeración mellor preparada que vai en sintonía coa innovación tecnolóxica e a ICCWeek non ía descoidar esa parte tan importante do futuro de Ourense que son os máis novos”.
Pola súa banda, Juan Rivas agradeceu a sensibilidade da Deputación de Ourense “á hora de aceptar propostas que tocan as industrias culturais e creativas no momento no que acabou a ICCWeek do 2015, e na procura de seguir mellorando puxemos o foco nos máis pequenos”.
Cristina Blanco explicou que con este proxecto “preténdese que os nenos da provincia de Ourense teñan a oportunidade de coñecer outras propostas que non sexan as habituais senón outras enfocadas a desenvolver a súa creatividade”, e engadiu: “Queremos que non só sexan nenos que consuman Internet senón que produzan seus propios contidos para a Rede”. Deste xeito, todos os obradoiros terán a súa exposición na semana cultural da ICCKids, onde os pais poderán ver os traballos realizados por nenos e adolescentes, e tamén haberá micro-talleres neste espazo e pezas interactivas onde as familias poderán xogar.
Os interesados en participar poden inscribirse xa na páxina web ourenseiccweek.com. Todos os obradoiros son de balde, pero con previa inscrición. As actividades comezan esta fin de semana polas mañás en Beade e, pola tarde en Bande cun obradoiro de stopmotion e video mapping.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?