Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os usuarios de Libra xa poden achegar solucións ecommerce aos seus distribuidores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os usuarios de Libra xa poden achegar solucións ecommerce aos seus distribuidores

Redacción
Publicado: 28/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

edisa_libra-3.jpgEdisa vén de anunciar unha nova mellora no seu software de xestión empresarial Libra: unha novidade directamente encamiñada a facilitar aínda máis a operatividade dos usuarios no ámbito do comercio electrónico. En concreto, a firma galega ampliou as funcionalidades do seu módulo e-commerce enfocado ao desenvolvemento de multitendas de comercio electrónico. Dentro desta ampliación deseñáronse ferramentas creando un único portal web sobre o que se serven diferentes establecementos. Segundo informa Edisa, cada unha destas tendas é propiedade dun cliente alleo á empresa usuaria de Libra.
Polo tanto, mediante esta nova funcionalidade unha empresa que a día de hoxe empregue a dita plataforma de xestión poderá ofrecer aos seus clientes a posibilidade de despregar unha web que incorpore os produtos que proceda para ofrecer aos seus respectivos clientes.
A modo de exemplo, Edisa ilústranos co caso hipotético dunha empresa usuaria de Libra adicada á venda de material deportivo. En virtude das novas funcionalidades, esta firma podería pór en xogo a posibilidade de que os seus clientes (puntos de venda de material deportivo) dispoñan da súa tenda en liña aproveitando toda a información de produtos que se xera dende Libra. “Cada unha destas tendas ou portais B2C, poderán ter diferente aspecto, diferentes prezos de venda, pero todos estes portais estarán integrados automaticamente”, engade a firma galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?