Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha nova liña de axudas facilitará o aproveitamento do comercio electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha nova liña de axudas facilitará o aproveitamento do comercio electrónico

Redacción
Publicado: 28/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160128_e-commerce_01.jpgA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, mantivo esta mañá na Coruña un encontro con comerciantes na sede da Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) no que lles presentou as novas liñas de apoio ao comercio galego que vén de activar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que suman máis de 5,7 millóns de euros co obxectivo de continuar a reforzar este sector.
Vázquez Abeal fixo fincapé na nova edición do programa destinado a promover a modernización comercial, o comercio electrónico e o smart commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa o cliente no centro da súa estratexia, á que se destinan máis de 3 millóns de euros.
Mediante esta convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 18 de febreiro, os comerciantes poden obter apoios de ata 17.500 euros ademais de para a modernización dos establecementos, para a posta en marcha de novos sistemas de comercialización que combinen o comercio en liña e fóra de liña ou que empreguen as redes sociais para a venda, para páxinas web comerciais, e para ferramentas que melloren a xestión e o deseño dos seus produtos e o desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe.
20160128_e-commerce_02.jpgTamén se poden beneficiar do programa os obradoiros artesáns, con axudas de ata 11.500 euros, as federacións de comerciantes, con ata 3.000 euros para o desenvolvemento de sistemas de m-commerce (comercio a través do móbil), aplicacións e webs móbiles, e as asociacións profesionais de artesáns, que poden optar a axudas que superan os 39.000 euros para proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.
Ademais da liña de impulso á modernización e ao smart commerce, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten aberto o prazo de presentación de solicitudes do programa de apoio ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e das prazas de abastos, dotado con 2 millóns de euros, así como a liña de apoios ás federacións e asociacións de comerciantes de ámbito supramunicipal, dotada con 500.000 euros. A estas axudas hai que sumar as destinadas a impulsar a transmisión comercial, con prazo de presentación aberto ata o 31 de agosto, e as bolsas de formación convocadas pola Dirección Xeral de Comercio, que se poden solicitar ata o 30 de xaneiro.
A activación destes programas, aos que se irán sumando outros ao longo do ano, forma parte do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?