Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago xunta forzas co Concello e a USC para impulsar ao máximo a innovación empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago xunta forzas co Concello e a USC para impulsar ao máximo a innovación empresarial

Redacción
Publicado: 29/01/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Nogueira, Asorey e Viaño na sinatura do protocolo
Nogueira, Asorey e Viaño na sinatura do protocolo
A Cámara de Comercio da Santiago, a Universidade (USC) e o Concello compostelán asinaron este xoves un acordo destinado a promover innovación na contorna da cidade. O protocolo, máis polo miúdo, asenta o alicerce para a creación conxunta de emprendemento tecnolóxico. No acto de sinatura participaron o presidente da Cámara, Jesús Asorey, o reitor da USC, Juan Viaño e o alcalde da cidade, Martiño Noriega. Segundo fixeron saber, o obxectivo é formalizar unha alianza para tirar proveito das potencialidades das tres institucións (por separado pero sobre todo xuntas) en materia de I+D, transferencia tecnolóxica, emprendemento, pulo empresarial e políticas activas de emprego. “A intención é traballar xuntos, achegando cada parte os seus recursos e experiencia, co obxecto de alumear novos proxectos tecnolóxicos e ideas de negocio”, engadiron.
Por outra banda, Cámara, Universidade e Concello traballarán en mancomún a prol do desenvolvemento de proxectos europeos ou proxectos derivados doutras Administracións Públicas, “cun horizonte cobizoso que permita o deseño de plataformas estables que dean resposta aos actuais retos de máxima competitividade, excelencia e singularidade das propostas”.
Jesús Asorey salientou “a relevancia deste acordo deseñado para traballar e desenvolver proxectos de emprendemento e novas tecnoloxías”. E engadiu que o tipo de colaboración será “total”, ao abeiro dun marco estable que garanta un xeito de traballar “máis intenso”. O presidente da Cámara dixo que a alianza servirá para optimizar os recursos e poder optar a proxectos convocados no novo Programa Marco da Unión Europea 2014-2020.
Juan Viaño lembrou a experiencia adquirida pola USC en materia de emprendemento, coa creación “dunha das primeiras incubadoras de empresas de España”, a aceleradora Uninova, que encetou a súa andaina en 1998 co obxectivo de “contribuír ao lanzamento e consolidación de gran número de empresas baseadas no coñecemento xerado na Universidade”.
O reitor salientou tamén o desenvolvemento dunha estrutura especializada na transferencia de resultados e emprendemento como é o Edificio Emprendia.
Pola súa parte, Martiño Noriega indicou que este convenio chega para “afianzar unha colaboración que xa conta con antecedentes”. E explicou: “Establécese aquí un marco firme para xerar emprego, coñecemento e riqueza na cidade”. Concretou tamén o interese das tres entidades a optar a recursos europeos nas súas diversas vías nos vindeiros meses.
Para acadar “a máxima efectividade neste acordo”, a Cámara de Comercio de Santiago informou no acto de presentación do protocolo que achegará no mesmo a súa experiencia na prestación de servizos ligados ao emprendemento e a súa capacidade para executar programas orientados ao fomento dos valores emprendedores na sociedade e a creación de novas empresas. Igualmente, a Cámara lembrou a súa experiencia na xestión de acubillos empresariais a través do seu propio viveiro, situado no polígono de Costa Vella. “Constitúe un espazo físico onde se ofrecen locais de traballo, formación e asesoramento para cubrir as necesidades básicas das pequenas e medianas empresas e conseguir a mellora das súas expectativas de supervivencia”, recordou Asorey.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?