Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega Prestogal a Compostela, un novo xeito de emprender e partillar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega Prestogal a Compostela, un novo xeito de emprender e partillar

Redacción
Publicado: 29/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

prestogal_presentacion_web.jpgComo ben dicía o director de cinema italiano P.P. Pasolini, o grande mal que nos afecta (alén da pobreza e da explotación) é a perda de singularidade humana por mor do consumismo. Para facer fronte ao consumo excesivo que nos azouta nesta sociedade capitalista na que nos movemos, xorde o movemento do consumo colaborativo, unha mudanza cultural e económica nos hábitos de consumo individualizado cara a novos modelos potenciados polos medios sociais e as plataformas de tipo peer-to-peer (rede-entre-pares ou rede-entre-iguais). Emporiso, damos conta do nacemento dunha plataforma web pública con filosofía solidaria e feitura colaborativa, estamos a falar de Prestogal, un espazo web que quer promover e potenciar o consumo colaborativo na nosa cidade. Facer máis doado o intercambio, empréstamo e cesión de recursos entre os veciños e veciñas da cidade.
Na mañá de onte presentábase este proxecto no local Hervor & Fervor xunto á concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, traballadoras sociais, representantes da Asociación de Veciñas e Veciños As Marías e seis traballadoras de Promove, a empresa compostelá encargada de deseñar, adaptar e introducir o formato-modelo previo de Prestogal ao ámbito do concello compostelán.
Pola súa banda, o Concello de Santiago, apostou por esta idea de cara a impulsar o cambio cara a unha sociedade mais sostible e solidaria comezando dende o eido local, así ponse en marcha o Prestogal veciñanza.
A quen vai encamiñado este programa? Pois vai dirixido ás asociacións veciñais, para que sexan as persoas socias as que poidan acceder ao uso da plataforma. Deste xeito, non só se fortalece a relación entre as persoas que forman parte da asociación, senón que serve de estímulo para que outras persoas do bairro se asocien.
Asemade, o persoal da área de Políticas Sociais que fai a intermediación con persoas sen recursos do concello terá un perfil de usuario na plataforma para lanzar peticións que poidan ser respondidas por veciños e veciñas solidarias de Compostela.
Un convenio asinado entre o Concello e a Asociación veciñal As Marías, permitirá que a ferramenta bote a andar entre a veciñanza das rúas: Espírito Santo, Basquiños, Pastoriza, Santa Clara, San Roque, Oviedo, Avda. de Coimbra, Avda. de Salamanca e Praza de Ultreia.
Amais da ferramenta web, o proxecto piloto repara tamén na identificación e implicación dos responsables dos Puntos Prestogal no bairro, que poderán ser establecementos de hostalería, comercios ou centros socioculturais que sirvan de puntos de encontro para facer as cesións, os empréstamos ou os intercambios. O primeiro punto Prestogal identificado no bairro é o local de hostalería Hervor&Fervor.
Engadir que os puntos Prestogal estarán identificados cun letreiro na porta, e no interior do establecemento haberá uns flyers explicativos do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?