Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Deportistas e seareiros da provincia de Ourense xa teñen web de seu, aberta e participativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Deportistas e seareiros da provincia de Ourense xa teñen web de seu, aberta e participativa

Redacción
Publicado: 29/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_ourense_web_deporte.jpgO Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolleu este xoves a presentación da nova páxina web da Deputación, deportes.depourense.es, un sitio de información e comunicación posto en marcha para converterse “en ferramenta participativa e aberta”, multitemática e dispoñible para xente de todas as idades, abeiradas tanto ao deporte afeccionado como ao profesional. A web, que foi dada a coñecer polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, abrangue datos sobre clubs e eventos deportivos de toda a provincia. A presentación contou ademais coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e do coordinador da web, Eladio Gómez.
Segundo fixeron saber, a páxina xorde co obxectivo de ser inclusiva ao máximo. Así, a intención é dar cabida e reflexo a todo o deporte ourensán. De cara ao lector-usuario, a plataforma fornece a posibilidade de que calquera persoa “poida coñecer en tempo real toda a actividade deportiva que se desenvolve na provincia”. Ademais, quen realice eventos desta índole poderá publicar a súa actividade na páxina web. Segundo lembraron no acto de presentación, o novo sitio é froito da filosofía de Provincia Intelixente impulsada polo organismo provincial. Baixo este prisma, foi concibida para ser aproveitada por calquera outro territorio. En palabras do presidente, “trátase dunha ferramenta que lanzamos hoxe e que non ten límites, coma o propio deporte”.
Os impulsores da web salientaron tamén o seu carácter “visual, vivo e directo”. Nela, sinalaron, “ a imaxe ten un papel moi importante”. A plataforma artéllase en catro seccións: unha relacionada coa información deportiva do ente provincial, outra na que figura a axenda de actividades e eventos deportivos, outra relativa aos servizos relacionados co deporte e, por último, outra na que figuran os equipos ourensáns que compiten a nivel estatal así como os deportistas máis destacados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?