Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC e As Cancelas dan a vindeira semana o pulo definitivo a LocYu Parking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC e As Cancelas dan a vindeira semana o pulo definitivo a LocYu Parking

Redacción
Publicado: 29/01/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

locyu_rutasmoviles_870x420.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), impulsado pola Universidade da Coruña, vai dar o pulo definitivo ao seu sistema LocYu Parking no Centro Comercial As Cancelas, un proxecto que xa anunciamos en Código Cero hai algo máis de un ano, con motivo da súa presentación como piloto no devandito complexo comercial compostelán. A data fixada para a nova presentación da iniciativa e a súa posta en marcha oficial é este 2 de febreiro. Como lembraremos, LocYu Parking é un sistema recordatorio da praza de aparcadoiro en interiores.
Instalado no dispositivo móbil do cliente, a aplicación, comercializada por Plexus, memoriza de maneira automática a praza na que aparcamos o noso vehículo, achegándonos logo, ao regresar, a ruta máis curta e de acceso máis doado ata o coche (atendendo a variables como idade, discapacidade ou embarazos).
O sistema tira proveito da tecnoloxía Bluetooth Low Energy para detección automática e, en palabras do centro tecnolóxico coruñés, resulta “especialmente práctico en grandes superficies con aparcamentos subterráneos como acontece no caso das Cancelas, onde non chega o sinal do GPS nin se dispón de cobertura móbil”.
En palabras do CITIC, é un exemplo ilustrativo da súa estratexia de apostar “fortemente” pola transferencia tecnolóxica.
Ao acto a celebrar no centro comercial de Santiago acudirá o xerente do CC As Cancelas, Javier Casado, e Manuel F. González Penedo, coordinador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), promovido pola Universidade da Coruña, institución responsable do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?