Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia anunciou os finalistas do seu programa de aceleración na LaconNetwork
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia anunciou os finalistas do seu programa de aceleración na LaconNetwork

Redacción
Publicado: 29/01/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

lacon6th_img_3646.jpgEsta mañá celebrouse o 6º aniversario do encontro de emprendedores LaconNetwork, encontro con grande convocatoria de profesionais do sector TIC, na que tiveron lugar unha charla maxistral, un par de mesas de traballo, e a primeira edición dos Premios LaconNetwork, que recoñeceron a Camilo Ameijeiras polo seu labor evanxelizador para manter vivo o espírito da LaconNetwork, a Antón Chaver como anxo investidor, a PSA como empresa impulsora, e á aceleradora de empresas ViaGalicia como Lacón Iniciativa.

lacon6th_img_3610.jpgPero esta última entidade non estivo presente só como gañadora dun premio, senón que tamén participou na mesa sobre aceleradoras e emprendedores, na que a directora de promoción económica, Rosa Eguizábal, realizou numerosas achegas; e tamén aproveitou o encontro como escenario para anunciar os quince proxectos veñen de ser seleccionados para a fase final de aceleración de empresas, dos que oito proceden da sede de Lugo e sete de Vigo.

Un comité técnico de ViaGalicia elixiu estes proxectos de base tecnolóxica, científica ou de coñecemento de diferentes sectores para pasar á fase final de aceleración, na que recibirán titoría, mentoring e capital para apoiar a súa saída ao mercado cas maiores garantías de éxito.
Os 15 proxectos seleccionados na terceira edición desta iniciativa recibirán, segundo o programa que se desenvolve a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e as sociedades de capital-risco XesGalicia e Vigo Activo, un financiamento de 1.250.000 euros en préstamos participativos e achegas a fondo perdido.

Os responsables dos proxectos deberán agora dar o salto entre ser emprendedores e empresarios. Deste xeito, todos eles terán que constituír as súas sociedades. Así mesmo, e, ao longo de 6 meses, os equipos terán que traballar os seus modelos de negocio no espazo de coworking do Centro de Negocios de Porto do Molle baixo a supervisión do equipo de ViaGalicia e titores especializados.

Os finalistas

lacon6th_img_3998.jpgEntre os proxectos seleccionados destacan Alfapilot, que desenvolve un dispositivo de navegación dirixido á aeronáutica recreativa; Nubings, unha solución IoT (Internet of things) personalizable para smartphones que permite aforros enerxéticos; Biwid, unha solución integral de apps de noticias para editores e medios; Oposita Test, unha ferramenta online para a preparación de oposicións; ou Peryco, un comparador online de perfumaría e cosmética para o consumidor final.

O comité técnico de ViaGalicia tamén seleccionou a diferentes plataformas que permiten ordenar coleccións de fotografía e recuperar as súas historias como Phottic, ou Twibex35, especializada no IBEX35, que permite captar o sentimento de mercado sobre análises de datos de social media.

Tamén foron elixidos A Despensa do Campo, plataforma de venta directa de produtos agrícolas; Castañam, empresa que comercializará pan e empanadas elaboradas con fariña de castaña co 100% de materia prima galega; Mercado Flotante, que permite a compra de todos os ingredientes necesarios para elaborar calquera culinaria do mundo.

Todos estes proxectos convivirán con Bendita Cociña, que contacta a chefs a domicilio coa xente que busca unha experiencia gastronómica de alto nivel na súa propia casa; Domesting, un sistema de reserva de profesionais e empresas de servizos domésticos de total confianza; Beta, Innovation for Veterinary Surgery, dedicada ao deseño, desenvolvemento, fabricación e subministro de implantes específicos para o sector veterinario; Resetea, de produción e comercialización de produtos innovadores, sostibles e socialmente responsables a través da reutilización de residuos; e VMS, Vehículo Motorizado Stilz, de fabricación, homologación e comercialización dun innovador vehículo de tres rodas 100% eléctrico.

Así mesmo, é preciso lembrar que os responsables de ViaGalicia poranse en contacto nos vindeiros días cos equipos dos proxectos que non foron elixidos para analizar as opcións que mellor se adapten ás diferentes ideas de proxectos e fases de maduración empresarial. Estas alternativas responden á vontade de incluír ao maior número de emprendedores, xa que o obxectivo deste programa é ver como as grandes propostas do noso contorno pódense converter en negocios de éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?