Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías LiDAR, eixe temático dunha xornada na USC e na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías LiDAR, eixe temático dunha xornada na USC e na UDC

Redacción
Publicado: 01/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lidar_dron.jpgEste martes 2, a partir das 10.30 horas, celébrase nos nosos campus a xornada de traballo Xestión e computación de datos LiDAR. O evento vaise transmitir en directo vía streaming no salón de actos do CiTIUS da Universidade de Santiago e máis no salón de graos da Facultade de Informática da Coruña. Celebrase na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo. Como lembraremos, LiDAR é un sistema que permite obter unha nube de puntos do terreo tomándoos mediante un escáner láser carretado dende o ar.
Na xornada participarán David Deibe (Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC), Miguel Luaces (Laboratorio de Bases de Dato da UDC), Jorge Martínez (Grupo de Arquitectura de Computadores da USC), Sandra Buján (Laborate – USC) e David Fernández (VideoLaBCartoLab da UDC). Tamén intervirá Juan Suárez, da Northern Rerearch Station de Edimburgo.
Trataranse retos e desafíos relativos ás ditas tecnoloxías LiDAR, como por exemplo a cuestión da información masiva (Big Data) e a grande cantidade de datos que xeran os devanditos sistemas nas súas exploracións e as esixentes e potentes ferramentas de xestión e tratamento que se precisan. Segundo avanza a organización do evento, “trátase dun ámbito de crecente interese especialmente no desenvolvemento de aplicacións prácticas baseadas nesta información”.
A xornada vén da man da rede TLIX, composta por un colectivo de investigadores interdisciplinar que cobren todas e cada unha das fases implicadas no proceso da xestión con tecnoloxías LiDAR: a obtención da información, o almacenamento desa información e o seu tratamento organizativo, a computabilidade no procesamento eficiente adaptado a diferentes sistemas de computación, e finalmente a visualización e interactividade do usuario final da aplicación práctica. Neste workshop presentaranse algúns dos resultados acadados polos integrantes da rede e presentarse a conferencia titulada Que pode revelar a unión de sensores LiDAR, térmico e hiperspectral? polo doutor Juan Suárez da Northern Research Station de Edimburgo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?