Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra o número de empresas no Hipersector TIC galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra o número de empresas no Hipersector TIC galego

Redacción
Publicado: 01/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hipersector_tic_2014.jpgO hipersector TIC galego concentra un total de 3.211 empresas e dá emprego a máis 19.500 persoas, o que sitúa a Galicia como a quinta Comunidade en volume de empresas desta área. Son as cifras que sinala o segundo estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O número de empresas do hipersector TIC galego experimentou un crecemento do 1,6%, e está composto nun 72,6% por empresas do sector tecnolóxico e nun 27,4% por empresas do sector de contidos e servizos audiovisuais. As actividades de programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática son as que achegan un maior número de entidades ao subsector TIC (1.384 empresas), o que representa un 43,1% no conxunto do Hipersector TIC, mentres que as edicións de libros, xornais e outras actividades editoriais son as máis numerosas do subsector Contidos e representan o 12% do conxunto do Hipersector TIC.
O hipersector TIC de Galicia ten un peso sobre o PIB galego que se mantén ao redor do 2,3%, porcentaxe que se distribúe entre o 1,9% que representa o sector TIC e o 0,4% do sector Contidos.
O volume de exportacións de bens do hipersector TIC superou os 57 millóns de euros no ano 2014. Cabe salientar o potencial do comercio exterior correspondente ao sector contidos galego, que presenta unha balanza comercial positiva. Non obstante, o 95,1% das exportacións corresponden ao subsector TIC e están centradas fundamentalmente en equipos de telecomunicacións.
No hipersector TIC galego, preto de 100 empresas realizaron innovacións tecnolóxicas no período 2011-2013, un 25,3% máis que no período 2010-2012. O investimento en I+D no 2013 por parte das empresas galegas ascende a máis de 468 millóns de euros. Supón o 3,6% do total estatal, aínda que se reduciu lixeiramente dende os 487 millóns de euros do período anterior.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?