Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo e a EOI achegarán apoio innovador a 260 emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo e a EOI achegarán apoio innovador a 260 emprendedores

Redacción
Publicado: 01/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A alcaldesa de Lugo, Lara MéndezO Concello de Lugo vén de asinar un convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), do Ministerio de Industria, destinado a cooperaren en materia de emprendemento e innovación. O orzamento será de 800.000 euros e a iniciativa fornecerá a máis de 260 lucenses, de balde, apoio integral e personalizado para pór en marcha as súas empresas. Na presentación do acordo a alcaldesa Lara Méndez lembrou que a actividade que levan a cabo os emprendedores e as PEME xeran preto do 70% do emprego, o que os sitúa como “o principal motor da economía” e fai precisos, polo tanto, programas e accións que fomenten e garantan a súa actividade. A iniciativa lanzada polo Concello e a EOI (o programa Inicia Coworking) achegará a través do CEI Nodus espazos de traballo físicos e virtuais. Subministrará, tamén, recursos de formación en mercadotecnia, ferramentas tecnolóxicas de xestión e comunicación, recursos de financiamento, etc.
A actividade comezará en abril e desenvolverase neste 2016 e en 2017. Segundo fixo saber o Concello, abriranse catro convocatorias, cunha duración de 5 meses cada unha, e cun máximo por convocatoria de 22 proxectos, nos que poderán participar de unha a tres persoas. O obxectivo “é reter en Lugo o talento dos lucenses, captando proxectos innovadores vinculados ao impulso do emprego, como os servizos sociais, turismo, xestión cultural, medio ambiente ou novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, TIC”, afirmou a Alcaldesa.
O programa Inicia Coworking en Lugo, engadiu a alcaldesa, “suporá un revulsivo para o Centro de Empresas e Innovación, o CEI-Nodus, que xa vimos reforzando por exemplo coa recente implantación por primeira vez en Lugo da sede de AJE Galicia, o que abre novas oportunidades económicas para a cidade, pois ponnos no mapa empresarial da comunidade e reforza as sinerxías coas outras asociacións que están alí traballando, como a de Mulleres Empresarias ou o GDR Terras de Lugo, e tamén coas 21 firmas que funcionan a día de hoxe no viveiro de empresas”.
O plan aséntase sobre 5 piares: obradoiros de formación; asesoramento personalizado e especializado; networking ou rede de contactos; presentación do proxecto ante inversores e busca de financiamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?