Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Salientan o papel da Rede como impulsora de medios en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Salientan o papel da Rede como impulsora de medios en galego

Redacción
Publicado: 01/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lendo_tableta.jpgO afianzamento do ámbito dixital alenta o xurdir e o mantemento de medios en galego. Así se fai saber na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa, que vén de publicar, a través do seu comité de expertos, un cuarto informe de seu para España. Nel avalíase a fondo o estado de saúde da nosa lingua nos medios, un “estado de saúde” que a Carta cualifica de parcialmente aceptable. Ou sexa, que se cumpriron algúns compromisos pero outros están aínda pendentes de chegar a bo porto. Entre estes últimos, atópanse as canles privadas da TDT e o eido da prensa en papel, onde como lembraremos xa non fica en activo ningún xornal en galego. Tamén se alenta no documento a “promover a recepción das radios e televisións portuguesas”.
Nas recomendacións para o caso galego, pola contra, considéranse “parcialmente cumpridos” os obxectivos de fomentar a posta en marcha de polo menos unha radio e polo menos unha canle de TV en galego. Porén, no relatorio sinálase que o Goberno autonómico “non semella moi activo á hora de garantir que se cumpra o mínimo da metade da programación en galego nas licenzas autonómicas da TDT”. No caso da prensa, saliéntase como dixemos o papel da contorna dixital como palestra para a aparición e afianzamento de medios na nosa lingua (Praza.gal, Codigo Cero, Galicia Confidencial, Que pasa na costa, etc) así como versións en galego dunha parte das plataformas tradicionalmente publicadas en castelán ou maioritariamente en castelán. Pola contra, o comité láiase do peche de xornais que apostan polo noso idioma. Ao fío disto, no relatorio convídase ás administracións responsables e aos profesionais da comunicación a xuntaren forzas para avaliar as potencialidades dos xornais impresos en galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?