Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Nova Escola Galega organiza en Vedra un seminario internacional sobre como usar ben as TIC no ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Nova Escola Galega organiza en Vedra un seminario internacional sobre como usar ben as TIC no ensino

Redacción
Publicado: 02/02/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

seminario_materiais_tecnoloxias.jpgO Grupo de Investigación de Materiais Didácticos CAVILA (Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, NEG) vai organizar os días vindeiros un seminario para axudar ás familias e máis ao profesorado a avaliar os recursos tecnolóxicos que se empregan e que se poden empregar a día de hoxe no ámbito do ensino (potencialidades, consellos para usalos de maneira axeitada, riscos dun mal emprego, etc). A actividade, a sétima edición do ciclo de seminarios que impulsa o devandito grupo, desenvolverase con alcance internacional os días 19 e 20 de febreiro no CPI de Vedra (A Coruña). En palabras do equipo organizador, diríxese a “apoiar ás familias e ao profesorado no uso responsable das novas tecnoloxías e na avaliación dos recursos empregados para a educación”.
Contarase, entre outros relatores expertos en TIC, con Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e Antonio Rial Boubeta, profesor da USC e un dos principais impulsores na nosa terra da necesidade de educar ás novas xeracións nos mellores xeitos de facer uso das redes.
O Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos comeza na tarde do venres 19 coa mesa Luces e sombras na Rede: inquedanzas e alternativas, na que diversos profesionais debaterán sobre como lidar “co arduo traballo de educar ás novas xeracións que medran rodeadas de novas formas de comunicación e ocio”. De seguido haberá unha conferencia e presentación literaria en torno ao poder de atracción das redes sociais e a súa aplicación no ensino.
O sábado, as persoas inscritas na xornada participarán en obradoiros personalizados nos que iniciárense na avaliación e deseño de xoguetes, videoxogos, webquests, materiais de música, de matemáticas e libros de texto, entre outros recursos. A continuación damos conta do programa de actividades ao detalle.
Venres, 19 de febreiro 2016
16:30­17:00 Recolla de material
17:00­17:30 Acto de inauguración
17:30­19:00 Mesa de debate: Luces e sombras na rede: inquedanzas e alternativas. Silvia López Gómez (USC), Ma Victoria Carrera Fernández (Universidade de Vigo), Fernando Suárez Lorenzo (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), Ramón Luís Gil Sánchez (Coord. de Abalar e E­dixgal ­ zona Ferrol), Representante da ANPA do CPI de Vedra.
19:30­20.30 Conferencia e presentación literaria: Que teñen as redes sociais Claves psicosociais, educativas e humanas. Antonio Rial Boubeta (USC).
Presentación da Revista Galega de Educación, no 62: Redes sociais e ensino. Ana Rodríguez Groba e Fernando Fraga Varela (Grupo de Investigación Stellae).
Sábado, 20 de febreiro
Pódese elixir dous dos seguintes obradoiros:
· Experiencias didácticas relacionadas coa educación e as ONGD nas distintas redes. Marta Esplugues Cebrian (Mestra da escola pública – Valencia).
· Como potenciar o carácter educativo dos xoguetes e videoxogos, na escola e na familia. Silvia López Gómez (USC).
· Deseño e avaliación de webquest. Avaliación de software para a creación de materiais educativos dixitais contra o acoso escolar. Almudena Alonso Ferreiro (USC).
· Música. Análise de materiais didácticos e propostas educativas. Rosa María Vicente Álvarez (Mestra da escola pública – Galicia).
· Educar no uso de Internet e as TIC: claves para comprender e previr (ciberbullyng, sexting, grooming, problemas de socialización e adicción). Antonio Rial Boubeta e Carmen Barreiro Couto (USC).
· Materiais para a escola, materiais para a familia: que nos ofrecen os concellos? Denébola Álvarez Seoane (USC).
· Educar implica tod@s –Recursos pedagóxicos da WEB 2.0 na promoción da relación Escola/Familia. Daniela Alexandra Ramos Gonçalves (Escola Superior de Educaçao de Paula Frassinetti).
· Avaliación de materiais do ámbito das matemáticas en Ed. Infantil e Ed. Primaria. Na procura de recursos matemáticos inclusivos. Grupo Hexágono (grupo de traballo de profesorado e mestras do ensino xeral).
· Análise de libros de texto de educación básica. Fernando Guimarães (Universidade do Minho).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?