
E quen pode participar no Premio Proxecto Fin de Carreira? Pois optarán ao premio, que ascende a 1.000 euros, todas aquelas candidaturas que presentasen o proxecto de fin de carreira de Enxeñaría en Informática, traballo fin de máster de Enxeñaría Informática ou de calquera outra titulación que legalmente habilite ou vincule para o exercicio da profesión. Os traballos deberon presentarse durante os anos 2014, 2015 ou 2016 nunha das universidades galegas.
Para formar parte do Premio do CPEIG, os estudantes poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.org.
O xurado que valorará os traballos recibidos e elixirá ao gañador será unha comisión experta, integrada por docentes universitarios e representantes do CPEIG. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal do CPEIG.
O Premio Proxecto Fin de Carreira chega a súa sétima edición da man do CPEIG
Compartir Este Artigo

