Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés e Indra botan man da IoT para impulsar o seguimento ao paciente no SERGAS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés e Indra botan man da IoT para impulsar o seguimento ao paciente no SERGAS

Redacción
Publicado: 03/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

indra-televes-proxecto-sisens-605x424.jpgA galega Televés e Indra desenvolveron para o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) un proxecto de seguimento do paciente que permite recoller todos os seus parámetros e coa vantaxe de facelo en tempo real e sen os aparellos tradicionais de recoñecemento. Logo, intégraos nas contornas de rexistro de enfermería e na historia clínica dixital. O proxecto SISENS, así se coñece a tecnoloxía pioneira de Televés e Indra, está xa en marcha no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Froito disto, gañou o premio (categoría de aplicación TIC) da Fundación Ad Qualitatem á mellor iniciativa de Calidade, Substentabilidade e Innovación no Sector Sociosanitario.
Para o impulso de SISENS financiouse a creación dunha tecnoloxía que consiste nun concentrador intelixente desenvolvido e fabricado por Televés conectado de continuo a Sofia2, solución de Indra do ámbito da Internet das Cousas (Internet of Things, IoT). Sofia2 fornece o alicerce integral, centralizador, para a recollida e avaliación de todos os datos captados dos pacientes. Os devanditos concentradores, informa Indra, son de miúdo tamaño e permiten colleitar e envorcar a información do estado clínico e evolución dos doentes a SOFIA2. Logo, a información intégrase na aplicación de coidados de enfermaría (Gacela) e na historia clínica dixital do SERGAS (Ianus).
SISENS é un dos eixes do proxecto Hospitalización Innovadora, integrado en Hospital 2050, programa co-financiado ao 80% por fondos FEDER da Unión Europea. O sistema, mercado a Televés e Indra baixo a modalidade de Compra Pública Innovadora (CPI), “está a implantarse con éxito en distintas áreas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO)”, lembran as devanditas empresas, que explican que esta posta en marcha abrangue as unidades de hospitalización, os boxes de críticos e a área de observación da unidade de urxencias. Tamén está prevista a súa implantación na área cirúrxica.

Funcionamento

indra_sisens_001.jpgSegundo informan Indra e Televés acerca do modus operandi da tecnoloxía, o receptor intelixente posto en xogo ao abeiro de SISENS capta os sinais (vía Bluetooth, Wi-Fi, radio frecuencia e radiodifusión dixital) dun conxunto de equipos ceibes de fíos, empregados para medir as constantes vitais do paciente ingresado, desde as básicas (tensión arterial, pulso, glicemia e temperatura), ata as máis complexas (electrocardiograma, nivel de analxesia ou sedación, etc). “Todo isto”, engaden, “compleméntase con premedores de aviso sen fíos e sensores de caídas, así como de captación das variacións de presión do colchón, permitindo detectar se o paciente está axitado ou inmóbil demasiado tempo, co consecuente risco de formación de úlceras”. De xeito complementario, habilítase na habitación do doente un sensor ambiental central que avalía as condicións ambientais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?