Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Competición de Robots organizada pola EEI de Vigo chega á súa 2ª edición en abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Competición de Robots organizada pola EEI de Vigo chega á súa 2ª edición en abril

Redacción
Publicado: 04/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_competicion_robots.jpgA Escola de Enxeñería Industrial de Vigo xa fixou data para a segunda edición da Competición de Robots, será o venres 29 de abril cando se leve a cabo a proba, organizada pola dita Escola co apoio da Rama de Estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers da Universidade. Indo á competición, cómpre informar que estará dividida en dúas categorías: WALL-E, para alumnado matriculado en calquera curso de ensino secundario obrigatorio e bacharelato; e R2D2, para os estudantes de calquera titulación superior (formación profesional e titulacións universitarias). É preciso subliñar que esta proba puntúa por primeira vez para a Liga Nacional de Robótica.
O encontro celebrarase en dependencias da EEI (na sede do campus vigués) a partir das 10.30 horas do 29 de abril e nela os equipos participantes, en cadansúa categoría, deberán amosar as habilidades dos seus robots en probas individuais de rastrexo e colectivas de sumo para a categoría WALL-E e individuais de rastrexo e varredor e colectivas de labirinto e sumo, no caso da categoría R2D2.
Para facérmonos unha idea da magnitude do evento, nesta segunda edición supéranse xa os 900 inscritos, distribuídos en 156 equipos, que representan a uns 40 centros de toda Galicia, na súa maior parte da provincia de Pontevedra, pero seguidos moi de preto polos de A Coruña. Pola súa banda, na primeira edición tomaban parte máis de 550 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia. Segundo Juan Pou, director da Escola de Enxeñería Industrial, o obxectivo desta iniciativa “é achegar a universidade aos alumnos das ensinanzas de secundaria e bacharelato mentres se divirten montando e programando un robot cos seus compañeiros e coa axuda do seu titor… amais de espertar algunha vocación pola enxeñería entre os participantes”. Engadir que esta proba puntúa por primeira vez para a Liga Nacional de Robótica.
O encargado de decidir o gañador será un xurado, composto por membros da dirección da EEI, quen puntuará a actuación dos autómatas, que segundo a categoría, deberán cumprir cunhas normas para a súa construción. Así, os que concorran á categoría WALL-E serán robots desenvolvidos a partir dun kit básico (achegado pola organización) ao que se lle poderán introducir pequenas modificacións, que deberán ser notificadas aos organizadores. No caso da categoría R2D2, os robots terán un tamaño máximo da envolvente dun cubo de 20 centímetros de lado, un peso máximo de 1500 gramos e sensorización, feitura e cor e configuración de tracción libres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?