Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O comercio electrónico medra un 22,5% fronte ao 20,1% da UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O comercio electrónico medra un 22,5% fronte ao 20,1% da UE

Redacción
Publicado: 04/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ecommerce-2.jpgO Observatorio eCommerce e transformación Dixital vén de achegar os seus máis recentes resultados (Libro Branco) sobre a situación de España en materia de comercio electrónico. Segundo se destaca no seu informe, España está entre os países de Europa que meirande medre experimentaron no devandito eido TIC, cun índice do 22,5% fronte ao 20,1% (media europea). Na investigación dáselles azos, ademais, aos especialistas que agoiran un futuro aínda máis positivo: estímase que o crecemento proseguirá nos vindeiros anos.
Esta suba nos índices ten varias explicacións, sendo unha das máis importantes o feito de que España partise de porcentaxes particularmente baixas (polo tanto sería de obriga medrar). Por outra banda, no Libro Branco apúntase a melloras no acceso a Internet e a un incremento da confianza no que atinxe ás plataformas e recursos de comercio electrónico.
Porén, na investigación achégase un punto de visión crítica e recoñécese que, malia estar por riba da media europea, a España aínda lle resta moito camiño para estar ao nivel dos países máis desenvolvidos na actividade comercial en liña, por exemplo Alemaña ou Dinamarca, onde o 77% da poboación merca xa por Internet (fronte a un de cada tres españois: o 32%).
Ao longo do Libro Branco sinálanse varias técnicas de mercadotecnia a ter en conta. En primeiro lugar, as redes sociais e o correo electrónico de mercadotecnia sitúanse como “importantes técnicas de captación de clientes”. Pero, tamén se sinala a importancia do landing page (páxina de aterraxe para os internautas e posibles clientes) nas campañas de captación de compradores, deseñada e optimizada para conseguir a conversión. “Estas páxinas”, dise, “deben incluír unha chamada á acción, clara e concisa, situada nun lugar estratéxico da páxina web, utilizando cores diferentes que resalten das cores corporativas”. Ademais, engádese, “débese incluír unha enquisa, sen demasiados campos xa que iso sería contraproducente, para coñecer máis acerca dos clientes e poder ofrecerlles produtos e descontos personalizados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?