Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña alenta o espírito innovador de máis de 70 emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña alenta o espírito innovador de máis de 70 emprendedores

Redacción
Publicado: 05/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_startup_week_publico.jpgA Deputación de Coruña organizou este xoves unha cita cos emprendedores da provincia para amosarlles xeitos e recursos para impulsar os seus proxectos de innovación. Na xuntanza participaron máis de 70 persoas. Tratouse dun curso incluído no programa europeo Startup Europe Week, destinado á formación e asesoramento en materia de novos proxectos. O encargado de abrir a xornada foi o presidente da entidade provincial, Valentín González Formoso, que alentou aos participantes na mesma, sobre todo xente nova, “a pór en marcha as súas ideas de negocio”. Para isto, dixo, contarán co apoio da Deputación.
O titular do Goberno provincial, xa nun plano máis concreto, tamén debullou algunhas das liñas fundamentais do Plan de Emprego que prepara a institución que representa, “que multiplicará por seis os recursos que viñamos destinando a esta área ata agora, e que abranguerá o apoio a iniciativas emprendedoras como un dos seus eixes principais”. E engadiu: “Queremos asesorar os proxectos, non só subvencionalos, porque os cartos públicos deben servir para cumprir un obxectivo e a Deputación debe servir de panca, non de freo”.
depu_coruna_startup_week.jpgNa súa intervención citou exemplos de iniciativas empresariais coruñesas “que comezaron de xeito moi modesto e hoxe en día son líderes nos seus sectores ou desenvolven a súa actividade empresarial a nivel global”. Precisamente unha boa parte da xornada centrouse en amosar as orixes e o día a día de varias empresas arestora punteiras, como por exemplo ConfirmSign.com, IPGlobal, ou The Bio Factoy. Para explicar en detalle a actividade destas firmas participaron no curso Frankie Gómez, David Bello e Broder Fernández Obanza, responsables das devanditas empresas, respectivamente. Tamén interviñeron Víctor Salgado, do Bufete Pintos & Salgado, especializado en novas tecnoloxías da información e ciberseguridade, e máis representantes de Abanca, a Confederación de Empresarios, o IGAPE e a propia Deputación, quen orientaron aos asistentes sobre os recursos económicos e técnicos existentes para apoiar a creación de novos proxectos empresariais na provincia da Coruña.
Durante esta primeira semana de febreiro, diversos países europeos celebrarán máis de 200 actos dentro do programa Startup Europe Week, promovido pola Comisión Europea. O de onte será o único acto incluído nesta iniciativa que se desenvolverá na provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?