Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía acolle o 25 un seminario sobre como deseñar aplicacións web con HTML5
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía acolle o 25 un seminario sobre como deseñar aplicacións web con HTML5

Redacción
Publicado: 05/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

html5.jpgO Centro de Matosinhos (Vilagarcía de Arousa) vai acoller o vindeiro día 25 de febreiro o seminario Desenvolvemento de Webapps con HTML5. A actividade formativa vén da man da Área de Emprego da Concellería de Promoción Económica do Concello arousán, en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Desenvolverase en horario de 9.30 a 13.30 horas. Trátase, sinalan os organizadores, dunha actividade formativa de balde que xa ten aberto o prazo para inscribírmonos. Levarase a cabo no dito espazo formativo da Avenida Matosinhos e poderase asistir a el, a través de video-conferencia, dende as instalacións do CNTG en Santiago.
O obxectivo do seminario é trasladar aos/ás participantes as posibilidades de HTML5 no desenvolvemento de WebApps “cun enfoque orientado cara a interfaces multidispositivos, ás novas aplicacións de xeolocalización, appCache, posibilidades gráficas, utilidades que existen para xogos interactivos, etc”. Tamén se verá como aproveitar estas funcionalidades para converter as nosas ferramentas en liña en aplicacións de escritorio grazas a JavaFx ou en aplicacións para dispositivos intelixentes con Cordova.
O relator da xornada será Antonio Varela, enxeñeiro informático. Segundo nos lembran dende o Concello, Antonio xa conta cunha experiencia laboral de máis de 7 anos, tempo no que tivo oportunidade de afrontar proxectos de xestión hospitalaria, proxectos de comercio electrónico e de xestión para grandes multinacionais. Tamén tivo ocasión de desenvolver interactivos en HTML5. Formador Java para Oracle University, impartiu cursos e obradoiros en HTML5. As persoas interesadas en participar no seminario poderán recibir información sobre a inscrición persoalmente no Centro de Formación Matosinhos ou telefonicamente a través do teléfono 986 51 16 21.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?