Da man de Business Insight 3(ou , Bi3, socio comercial para Gran Bretaña do Centro Tecnolóxico TIC de Galicia), a tecnoloxía de análise demográfica desenvolvida en Gradiant foi validada en tendas da maior distribuidora de telefonía móbil do Reino Unido, igualando ou mesmo mellorando as prestacións de sistemas de fabricantes punteiros a nivel internacional.
Un paso enorme para integrar das nosas tecnoloxías de demographics e análise intelixente de vídeo nas solucións integrais que comercializa BI3 no Reino Unido.
“É a demostración máis evidente da competitividade da tecnoloxía made in Gradiant fronte a solucións procedentes de xigantes tecnolóxicos a nivel mundial, solucións que adoitan ser moito máis caras e con rendementos inferiores ou iguais á solución probada por Gradiant e Bi3” – afirma Daniel Ramos, o responsable comercial internacional de Gradiant.
Gradiant Demographics é capaz de obter automaticamente o perfil demográfico (idade e sexo) do público que entra nunha tenda, ademais do seu tempo de presenza e a súa atención activa. Ademais, Gradiant Demographics tamén é aplicable ao Dixital Signage (cartelería dixital):Pode adaptar os contidos que se mostran aos clientes en base á súa idade, sexo, tempo de presenza e atención, etc.
Gradiant Demographics permite afinar de forma moito máis precisa os impactos publicitarios, segmentando mellor aos públicos-obxectivo, e analizando con argumentos demográficos sólidos e aumentados a efectividade das campañas publicitarias. Da mesma maneira, permite mellorar a efectividade do product-placement.
Todo iso, sen que a empresa nin o cliente deban preocuparse pola regulación local ou a protección dos seus datos persoais, dado Gradiant Demographics non almacena datos persoais.
O sistema detecta e analiza automaticamente as caras presentes no sinal de vídeo capturada pola cámara en tempo real. Obtén a información demográfica utilizando técnicas avanzadas de análise facial. Ademais, o sistema tamén é capaz de ofrecer outro tipo de datos interesantes, como o tempo efectivo de atención por suxeito, ou o tempo de presenza.
O sistema permite así que se poidan combinar diferentes campañas con diferentes targets para aumentar a efectividade dos soportes conforme á información demográfica proporcionada polo sistema.
O procesado en tempo real permite enviar a información a unha base de datos segura remota, onde se centralizan e actualizan todos os datos de forma totalmente segura. Isto permite unha resposta rápida a eventos ou situacións que así o requiran, ademais dunha rápida análise de toda a información.
Máis aló do seu uso publicitario, este sistema tamén pode ser utilizado para recomendación de contidos audiovisuais personalizados, adaptar e mellorar interfaces de usuario, ou mellorar e personalizar os sistemas de asistencia á terceira idade.
Bi3 tamén levou da súa man varias das nosas tecnoloxías para márketing e retail aos eventos Security Twenty 16, organizados polo Proffesional Security Magazine, publicación de referencia sobre seguridade profesional, en Reino Unido e Irlanda, cun considerable éxito en canto a atracción de posibles clientes interesados en utilizar as nosas solucións.
Gradiant proba con éxito en tendas británicas a súa tecnoloxía de recoñecemento
Compartir Este Artigo

