Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A estrea da aplicación Train2Go inaugura a I Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A estrea da aplicación Train2Go inaugura a I Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia

Redacción
Publicado: 09/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O deportista galego Antón Ruanova é un dos principais impulsores da aplicación
O deportista galego Antón Ruanova é un dos principais impulsores da aplicación
Adestradores e deportistas teñen unha cita este xoves 11 de febreiro ás 19:30 h para reunírense na primeira Xuntanza de adestradores e deportistas de Galicia na sede de 3&Run (rúa Restollal- Compostela). Neste contexto tan deportivo levarase a cabo a presentación dunha nova aplicación de xestión de adestramentos en liña que xa manexan senlleiros deportistas como Pedro Nimo, José Rioseco, Juan Carlos Brión ou Gustavo e Rubén Rodríguez, trátase de: Train2Go.com.
Indo á ferramenta, cómpre dicir que foi desenvolvida por tres emprendedores ligados ao mundo do deporte como son o triatleta Antón Ruanova, Luís Fraga e David Iglesias, o que garante a súa funcionalidade, posto que os responsables deste traballo incluíron no enxeño todo aquilo que eles mesmos e os seus compañeiros botaban en falta á hora de planificar e xestionar adestramentos deportivos.
Así o testemuñan os que xa están a empregar Train2Go, pois aforra “moito tempo e esforzo”, tanto aos adestradores como aos propios deportistas, grazas a unha interface moi intuitiva, sinxela e cómoda que permite controlar o traballo cotián de xeito doado, amais de facilitar a comunicación entre o deportista e adestrador.
Dende o equipo de Train2Go.com subliñan que a meta a perseguir con esta aplicación é a de “axudar a adestradores (profesionais ou non) a conseguir os seus obxectivos, ben sexa gañar máis diñeiro ou conseguir máis tempo libre para eles mesmos”, e á súa vez “diferenciarse da competencia feroz do sector achegando valor aos seus deportistas mediante a nosa ferramenta”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?