Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e a Xunta fan balance da Rede Emprende en Igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e a Xunta fan balance da Rede Emprende en Igualdade

Redacción
Publicado: 09/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160209_cpeig_igualdade_01.jpgA secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo hoxe unha reunión co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, onde fixeron balance da Rede Emprende posta en marcha no ano 2013,e que conta coa colaboración do CPEIG e da AMTEGA coa posta a disposición da súa rede de aulas CEMIT.
Esta iniciativa inscríbese no eixe 3 do VI Plan Galego para a Igualdade entre Homes e Mulleres, da Secretaría Xeral de Igualdade, que busca “outorgar unha maior relevancia ás actuacións que contribúan a facilitar a autonomía económica das mulleres galegas, o que leva a fomentar o seu acceso ao mercado laboral, así coma o seu desenvolvemento profesional e a posta en valor da súa iniciativa emprendedora”.
A Secretaría Xeral da Igualdade no marco da Rede Emprende en Igualdade desenvolveu unha serie de actuacións de asesoramento, apoio e formación dirixidas ás mulleres potencialmente emprendedoras, en busca de emprego e con ansias de formarse, co obxectivo de axudalas na posta en marcha ou modernización das súas empresas e na procura de emprego para fomentar a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.
Os cursos tiveron unha duración de 20 horas, cun máximo de 25 alumnas, e foron impartidos por profesionais do CPEIG. As alumnas recibiron información e asesoramento sobre a seguinte temática: iniciación á internet e redes sociais; novas tecnoloxías e emprendemento; novas tecnoloxías e busca de emprego; redes e transposición de experiencias; e perspectiva de xénero. E contaron ca participación de 380 mulleres.

Balance
dos últimos anos

No ano 2013, foron 10 os concellos que participaron no programa, A Cañiza,
Abegondo, Carballiño, Guitiriz, Leiro, Porto do Son, Quiroga, Tui, Valga e
Xunqueira de Ambía, coa asistencia de 98 alumnas. No ano 2014, participaron os
concellos de Ferrol, Padrón, Ribeira, Burela. Xermade, Celanova, Xinzo de
Limia, A Estrada, Cuntis e Vilagarcía de Arousa, coa asistencia de 147 alumnas.
E finalmente, o ano pasado, participaron os concellos de Dodro, Ordes,
Ortigueira, Palas de Rei, Vilalba, Avión, Verín , A Guarda, Marín e Vila de
Cruces, coa asistencia de 135 alumnas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?