Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es e AMTEGA investirán 3,5 millóns de euros para impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es e AMTEGA investirán 3,5 millóns de euros para impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento en Galicia

Redacción
Publicado: 10/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Consello de Ministros ratificou o pasado venres a posta en marcha dun convenio marco de colaboración coa Xunta de Galicia que fará posible un investimento de 3,5 millóns de euros para impulsar a innovación tecnolóxica na comunidade autónoma galega. Este acordo, que previamente contaba coa autorización do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, terá unha vixencia de cinco anos (2016-2020) e subscribirano a entidade pública Red.es, pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Consellería de Presidencia da Xunta.
No marco do acordo desenvolveranse convenios específicos que fomenten o emprendemento de base tecnolóxica e os procesos de innovación aberta nesta comunidade autónoma. Desta forma, poderanse impulsar accións como a posta en marcha de servizos de incubación e aceleración, servizos orientados á mellora do proceso emprendedor (internacionalización e crecemento), apoio á procura de financiamento e dotación de equipamento tecnolóxico, entre outros. Red.es financiará o 80% do investimento, mentres que AMTEGA achegará o 20% restante.
Red.es e AMTEGA xa están a colaborar a través do Centro Público Demostrador de solucións TIC de Galicia. Desde o que se impulsa e difunde o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos sectores empresariais galegos. Este novo paso supón unha extensión da política de colaboración iniciada entre ámbalas dúas entidades e abre a posibilidade de explotar novos mecanismos que impulsen o emprendemento no sector tecnolóxico.
Os programas e actuacións que se desenvolvan a través do convenio marco de colaboración aprobado polo Consello de Ministros contarán co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cuxa finalidade é fornecer a cohesión económica e social na Unión Europea e corrixir os desequilibrios entre as súas rexións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?