Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conde lembra por videoconferencia a importancia de apostarmos polas novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conde lembra por videoconferencia a importancia de apostarmos polas novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 11/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conde_cemit.jpgHoxe celebrouse en máis dunha ducia de aulas da rede CeMIT, a través de videoconferencia, unha actividade de interese empresarial dirixida a amosar as portas ás que podemos petar no caso de querermos pór en marcha unha iniciativa innovadora de mercado. Na actividade de networking participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen compartiu impresións sobre creatividade e innovación nos negocios con 70 empresarios de 15 concellos, aos que lembrou, dende o edificio Cersia de Santiago, a necesidade de apostaren polas TIC para chegar á meirande cantidade posible de mercado. Ademais, Conde debullou as ferramentas e apoios da Consellería.
Conde salientou que o seu departamento “ten activado no comezo de ano preto de 200 millóns de euros en apoios para o tecido produtivo da Comunidade, o que supón o 70% dos programas de axudas para este 2016”. Conde subliñou que a metade dos apoios postos en marcha céntranse na área de Emprego, de cara a consolidar o crecemento e xerar postos de traballo. En total, dixo, “este eido suma case 100 millóns con liñas como a centrada no fomento do emprego autónomo, á que a Xunta destina máis de 20 millóns”.
Segundo lembrou, o IGAPE vén de activar programas por 22 millóns de euros que facilitan os investimentos empresariais e iniciativas no eido da Industria 4.0, “uns apoios aos que cabe sumar os 9,5 millóns destinados á internacionalización do tecido empresarial, os preto de 15 millóns para fomentar a eficiencia enerxética e o uso de fontes renovables, e os máis de tres millóns dedicados ao smart commerce, á modernización comercial e as vendas en liña”.
Neste marco, o titular de Economía, Emprego e Industria avanzou que, ao longo de todo o ano, a Consellería destinará ata 40 millóns de euros ao emprendemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?