Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra pecha a súa 2ª semana de recollida de RAEE cun balance ben positivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra pecha a súa 2ª semana de recollida de RAEE cun balance ben positivo

Redacción
Publicado: 12/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_raee_aparellos_recollida.jpgA pasada semana, do 1 ao 5 de febreiro, o campus pontevedrés emprendía unha iniciativa de recollida de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) promovida pola Vicerreitoría. Nesta segunda semana de campaña, o resultado foi positivo pois recompiláronse 162 obxectos ao remate desta iniciativa enmarcada no proxecto Green Campus e que, grazas á colaboración da Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade, veñen de ser trasladados a un xestor autorizado para o seu tratamento.
Segundo o director da Área de Planificación do campus, Celso Cancela, o propósito desta idea é “concienciar e sensibilizar á comunidade universitaria” da importancia que ten para o medio ambiente un correcto tratamento deste tipo de residuos e a continuidade do mesmo.
Asemade, Cancela lembra que o termo RAEE abrangue a “todos aqueles aparellos que empregan electricidade ou baterías” e que polo tanto están presentes por decenas nos fogares. Así, non resulta estraño que nas caixas instaladas nas diferentes facultades e escolas se depositasen dende cepillos eléctricos ou mandos a distancia, ata un televisor, un ventilador ou un walkman, aínda que, xunto cos móbiles e cargadores, gran parte do recollido corresponde a equipamentos informáticos (computadores, monitores, ratos, teclados ou discos duros).
Cómpre sinalar que a facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (onde se recolleron 33 aparellos) e a Escola de Enxeñaría Forestal (con 25) foron os dous centros do campus con maior implicación nesta iniciativa. Mais, esta campaña non se limitou ás facultades e escolas, senón que abrangueu tamén á Escola Infantil (29 obxectos recollidos), o Pavillón Universitario e a Casa das Campás, este último punto de recollida foi o que acadou un maior número de RAEE (55 aparellos).
“Agora xa estamos pensando na terceira semana e valorando se facela a finais do presente curso ou a comezos do seguinte, xa que o máis importante é que teña continuidade”, salienta Cancela dunha iniciativa que forma parte dos compromisos adquiridos no plan de acción do proxecto que levou ao campus de Pontevedra a converterse no primeiro de España en obter a bandeira verde que outorga a FEE (Foundation for Environmental Education).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?