Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Salientan a relevancia crecente da simulación con modelos informáticos en 3D na fábrica intelixente nun foro na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Salientan a relevancia crecente da simulación con modelos informáticos en 3D na fábrica intelixente nun foro na Coruña

Redacción
Publicado: 12/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foro_matematica_industria.jpgDurante a súa participación na apertura do XI Foro de Interacción Matemática Industria, que se desenvolveu no CITIC, o director do IGAPE, Javier Aguilera, salientou que a Xunta ofrecerá este ano, ao abeiro dun convenio entre o IGAPE e a AMTEGA, un amplo catálogo de servizos especializados para impulsar a empresa dixital e a Industria 4.0, que incluirá, neste ámbito, un servizo de modelización matemática industrial, por considerar crucial o desenvolvemento e a simulación con modelos baseados en cálculos matemáticos, apoiados na informática e no deseño en 3D.
O IGAPE facilitará, ademais, un servizo xenérico de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0 e outro de acompañamento. Pola súa parte, AMTEGA favorecerá, no marco do acordo co IGAPE, servizos centrados na aplicación de solucións dixitais no mundo da empresa.
A simulación, con respecto ao comportamento de novos materiais ou pezas a partir de modelos matemático-informáticos, permitirá que as empresas poidan avanzar con maior seguridade e eficiencia, fabricando ou modificando produtos despois de comprobar como funcionan no contorno real, xeralmente industrial, ao que van destinados.
Segundo o director do IGAPE, a simulación mediante modelos en 3D xa está a ser empregada por empresas galegas que constitúen unha avanzada da Industria 4.0 e será cada vez máis común, especialmente no ámbito industrial, porque permitirá prescindir de maquetas e aforrar en custos e tempo.
Para o impulso da Industria 4.0, de acordo co previsto na Axenda da Competitividade, o catálogo que se ofertará este ano contempla servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución.
Así, as PEME poderán acceder ao asesoramento especializado para avaliar a súa capacidade e as oportunidades ao seu alcance para aplicar solucións de Industria 4.0, que lles permitan unha maior flexibilización, automatización, interconexión e sustentabilidade dos contornos produtivos. Neste ámbito tamén se ofrecerá apoio para incorporar solucións organizativas e/ou tecnolóxicas para a xeración de modelos e realización de procesos de simulación industrial.
O Foro de interacción matemática industria, promovido polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, ten entre os seus obxectivos o de promover solucións ás necesidades da industria e da empresa, en relación cos métodos matemáticos, a simulación numérica ou estatística. No encontro participaron importantes axentes deste ámbito como o Centro de Innovación Aeroespacial, Cetus Group, o Cluster da Madeira ou Soltec Ingenieros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?