Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web de Facenda obtén a terceira maior puntuación na listaxe do Observatorio de Accesibilidade do MINHAP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web de Facenda obtén a terceira maior puntuación na listaxe do Observatorio de Accesibilidade do MINHAP

Redacción
Publicado: 15/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

facenda_web.jpgO Goberno galego vén de dar a coñecer un dato que acredita, segundo fai saber, o referencial traballo despregado en materia de accesibilidade no portal da Consellería de Facenda, unha web (como lembraremos) deseñada e desenvolvida polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC). A páxina en cuestión recibiu a terceira maior puntuación na avaliación de sitios ceibes de atrancos dun conxunto de 152 espazos web de toda España. Son datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (MINHAP).
Máis en detalle, o portal da Consellería de Facenda (conselleriadefacenda.es) obtivo unha puntuación media de 9,35 puntos sobre 10, emprazándose en segundo lugar ao analizárense 18 portais de tributos por parte do Observatorio de Accesibilidade do MINHAP, un organismo encargado entre outras cousas de realizar análises sobre o grao de cumprimento en materia de accesibilidade dalgúns dos portais máis relevantes da Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais, co obxectivo de ofrecer un informe sobre a súa situación que axude a mellorar os problemas de posibles atrancos e obstáculos de toda índole que estes espazos web puideran presentar.
Segundo nos lembra Facenda, “o principal obxectivo deste Observatorio é o de realizar auditorías periódicas dos portais das diferentes administracións públicas e coñecer de forma fidedigna o seu estado de accesibilidade co fin de axudalos a mellorar”. Nun plano máis concreto, o devandito informe tenta amosar como o grao de accesibilidade evoluciona ao longo do tempo e identificar aqueles problemas que resultan máis comúns, “para desta maneira extraer conclusións e plans de acción axeitados que permitan afianzar un nivel óptimo de cumprimento de maneira sostida no tempo”, engade Facenda, que lembra que estas actuacións insírese nas directrices establecidas pola Comisión de Estratexia TIC e o Comité Sectorial de Administración Electrónica para a promoción da Administración Dixital mediante a realización de estudos, e a través do deseño e a execución de programas de actuación, así como coa cooperación entre as distintas Administracións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?