
TÁCTICA, como lembraremos, é un proxecto impulsado polo Centro AtlantTIC, en colaboración con Gradiant e SCR (do grupo Everis Aeroespacial e Defensa). Ao abeiro desta iniciativa, en decembro realizáronse voos experimentais dun enlace satélite para uso civil. Estas probas e validacións da tecnoloxía de TÁCTICA, levadas a cabo no Aeródromo das Rozas (Lugo), asentaron os alicerces para facer posible a transmisión por satélite de máis información en menos tempo, “mellorando a fiabilidade da comunicación nas diferentes condicións de voo, e aumentando a velocidade de transmisión”, informaron daquela os responsables da iniciativa.
Segundo se fixo saber ao abeiro de Transfire, TÁCTICA é “un gran proxecto de I+D con varias liñas de investigación que impulsan o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC creado en Galicia, e que permiten xerar coñecemento aplicado con resultados claramente transferibles á industria”. TÁCTICA conta co apoio do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Sobre Transfiere
Trátase do gran foro profesional e multisectorial da innovación española, no que os participantes poden establecer contactos B2B; transferir coñecemento científico e liñas de investigación tecnolóxica; dar a coñecer os seus produtos e servizos innovadores; e coñecer as necesidades tecnolóxicas da Administración Pública. Participan empresas, administracións públicas, asociacións, grandes instalacións científico-técnicas singulares, centros e institutos tecnolóxicos, clústers, fundacións e parques tecnolóxicos. Abórdanse eidos como administracións públicas e compra pública innovadora; aeronáutico e aeroespacial; agroalimentario; enerxía; industria; infraestrutura e transportes; medio ambiente; plataformas tecnolóxicas españolas; sanidade e novas tecnoloxías da información, entre outros.
AtlantTIC e a UVigo amosan tecnoloxías avanzadas de seu en Transfiere 2016
Compartir Este Artigo

