Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sétimo programa Yuzz chega a Compostela para apoiar á mocidade máis emprendedora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sétimo programa Yuzz chega a Compostela para apoiar á mocidade máis emprendedora

Redacción
Publicado: 16/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

yuzz_2015_1024-2.jpgHoxe a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia abrían as portas do centro que servirá de sede para formar a 25 emprendedores seleccionados para a VII edición do programa Yuzz Mozos con ideas, que conta co apoio do Banco Santander, a través de Santander Universidades. E que significa Yuzz? É un programa encamiñado a mozos e mozas de entre 18 e 31 anos que achega, durante cinco meses, apoio, formación e asesoramento para elaborar plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.
O dito programa foi dado a coñecer por representantes das institucións colaboradoras do centro Yuzz local da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia nas instalacións Centro Yuzz Santiago situadas no Edificio Emprendia do Campus Sur que servirán de sede e espazo co-working.
20160216_yuzz_01.jpgRecibíronse máis de 2.600 solicitudes en todo o país, e no centro de Santiago seleccionáronse a 25 emprendedores e emprendedoras (número máximo por sede) por aspectos como o seu perfil emprendedor, traxectoria, capacidade para comunicar a idea proposta, o compoñente innovador do proxecto, a súa creatividade e o potencial de crecemento da súa idea, entre outros.
Os elixidos terán que dar feitura e desenvolver o seu proxecto para convertelo nunha empresa viable. Para iso, o programa Yuzz porá á súa disposición un espazo de traballo para desenvolver as súas ideas, onde poderán relacionarse con outros emprendedores e recibir formación dunha rede de máis de 200 expertos profesionais que os asesorarán, xunto cun titor individual, na realización do plan de negocio.
emprendia-3.jpgUnha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento, o responsable do mellor proxecto viaxará a Silicon Valley, eixo mundial da innovación no ámbito das novas tecnoloxías da información, onde poderá acceder a foros de financiamento, asesoramento e contacto con investidores.
Á súa volta, estará en disposición de optar a financiamento para pór en marcha a súa idea de negocio xa que Yuzz repartirá 60.000 euros en premios para o tres mellores proxectos do país (30.000 euros para o primeiro premio, 20.000 euros para o segundo e 10.000 euros para o terceiro).
En canto a novidades, recoñecerase o liderado e a habilidade emprendedora das mulleres que participen nalgún dos proxectos e modelos de negocio desenvolvidos nos máis de 50 centros adscritos nesta edición. Empresarias e emprendedoras de renome nacional elixirán o mellor proxecto liderado por unha muller emprendedora de España, que recibirá un premio dotado con 20.000 euros e o apoio dun equipo de profesionais de EY para desenvolver o seu proxecto.
Asemade, os participantes que promovan proxectos innovadores baseados na aplicación de tecnoloxías no ámbito da banca e dos servizos financeiros optarán a conseguir o premio Yuzz Fintech, de tecnoloxía financeira. Grazas ao cal poderán gozar dun programa de aceleración específico de catro meses de duración, desenvolvidos nos espazos de innovación da Cidade Grupo Santander, con supervisión e orientación ofrecida por profesionais da área Corporativa de Innovación de Banco Santander.


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou na apertura oficial do programa Yuzz, onde ratificou a aposta “clara e decidida” do Goberno galego polo emprendemento xuvenil e innovador e, neste senso, destacou que a Consellería de Economía está a desenvolver diversas medidas para crear novas oportunidades de emprego entre os máis novos. Ao respecto, indicou que, enmarcado no Programa de Garantía Xuvenil, activáronse a principios de ano axudas por valor de 12,7 millóns de euros, entre as que resaltou a convocatoria de apoio aos autónomos menores de 30 anos, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?