
Faast tira partido da metodoloxía do pentesting persistente, que entre outras cousas permite ás empresas axeitar aos seus ritmos ao dos desenvolvedores de programas maliciosos, achegando revisións constantes da infraestrutura da empresa por parte de equipos de auditores (pentesters).
Segundo sinala Telefónica, estamos ante a primeira solución que equipa ás compañías e ás organizacións con recursos de ciberseguridade aplicables a dispositivos tecnolóxicos tradicionais e, tamén, aos seus sistemas do ámbito IoT, nos que se poden incluír cámaras web ou sistemas de videoconferencia, entre outros moitos obxectos. Faast, en definitiva, permite ás empresas facer seguimento continuo dos seus dispositivos e elementos conectados, e faino aplicando a filosofía dos ataques reais, controlados, o que redunda nun fortalecemento dos sistemas e no seu adestramento de cara a ameazas concretas e palpables guindadas por programadores malware. Por certo que o usuario pode xestionar as posibles feblezas das súas infraestruturas e dispositivos IoT a través do portal en liña Vamps (habilitado por ElevenPaths).
Telefónica e ElevenPaths levan a súa tecnoloxía de seguridade ao eido da Internet das Cousas
Compartir Este Artigo

