Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Barcelona terá unha ocupación do 90% durante a Mobile World Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Barcelona terá unha ocupación do 90% durante a Mobile World Congress

Redacción
Publicado: 18/02/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Mobile-World-Congress-MWC-Preview.jpgTrivago, o comparador en liña de establecementos turísticos, vén de facer reconto dos prezos e dispoñibilidade hostaleira de Barcelona con motivo do inminente Mobile World Congress, a feira sobre novas tecnoloxías e mobilidade que se desenvolve entre o 22 e o 25 de febreiro e que promete ser un dos grandes eventos TIC desta primeira metade do ano en Europa. O informe de Trivago (descargable en PDF), sinala que a capital catalá estará ao 90% de ocupación hostaleira durante a celebración do dito evento tecnolóxico. O motivo non é para menos, posto que a previsión é a de dar acubillo, nos devanditos días, a máis de 100.000 visitantes, entre profesionais (desenvolvedores, fabricantes, representantes) e seareiros das TIC procedentes de todo o mundo.
Segundo se di no informe, o prezo medio por noite é de 237 euros ao longo de todo o evento, o que “supón un incremente de case o dobre se o comparamos co prezo medio de 122 euros que achegan os hoteis da cidade para o mes de febreiro”. En relación co ano pasado, o prezo medio durante o Mobile World Congress diminuíu un 14%, pasando dos 278 aos 237 euros.
Como dixemos, a ocupación hostaleira tamén amosa cifras elevadas, posto que arestora a dispoñibilidade é do 10% en Internet, sendo do 16% nas mesmas datas de 2015. Segundo apunta Trivago, malia estas cifras de ocupación (máis altas que en 2015 e en 2014) este ano rexístrase o prezo máis económico das últimas edicións. O comparador tamén lembra no seu informe que MWC é a cita “obrigada do sector TIC e xunta profesionais da industria móbil procedentes de todo o mundo”. Durante esta edición, engádese, Barcelona encherase de visitantes de Italia, Reino Unido, Alemaña, Francia, EE UU e China.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?