Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant afiánzase como referente en procesamento de linguaxe e análise smart de contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant afiánzase como referente en procesamento de linguaxe e análise smart de contidos

Redacción
Publicado: 18/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_pnl_-_speak.jpgGradiant vén de dar conta das súa capacidade para a investigación e o desenvolvemento na análise intelixente de contidos. Máis polo miúdo, do seu dominio nas tecnoloxías PLN (Procesamento da Linguaxe Natural), en palabras do centro tecnolóxico galego “unha liña de traballo punteiro en Gradiant, validada grazas a (entre outros grandes resultados) os seus premios en certames internacionais e as múltiples publicacións dos nosos investigadores sobre o tema”. Certames como por exemplo SEMEVAL, Workshop Internacional en Avaliación Semántica.
Ao fío do devandito, sinalar que sen dúbida un dos puntos fortes de Gradiant é o procesamento de información semántica extraida de medios sociais, ámbito no que o centro tecnolóxico obtivo importantes fitos e conta cunha gran experiencia. Este tipo de procesamento, explican fontes de Gradiant, “é clave como elemento competitivo fundamentalmente no ámbito de mercadotecnia”. Por exemplo na análise de opinión, na segmentación de clientes, nos recursos de recomendación ou na reputación en liña.
A base deste tipo de investigacións abeiradas ao concepto PLN está no seguinte: a linguaxe foi, é e será un instrumento básico para os humanos. Con todo, malia a súa importancia non resulta sempre o perfecta que sería de desexar, ou mellor dito: os diferentes interlocutores non a empregamos sempre da maneira máis correcta e precisa posible, tanto na nosa actividade offline como nas contornas dixitais. O resultado disto é que coa chegada das novas tecnoloxías da información as ferramentas automáticas postas en xogo tiñan moitos atrancos para interpretar a información transmitida a través da lingua. Isto facía preciso o traballo dunha persoa. O problema é o seguinte: que acontece cun ámbito tan “inmanexable” e “ingobernable” como o dos medios e as redes sociais? O procesamento manual, polo tanto, fica por forza desbotado. Segundo explica Gradiant, “son imprescindibles ferramentas automáticas que se encarguen de entender o que se di”, e máis adiante clasificar o que se transmite, recomendar ou responder.
A respecto do devandito, Gradiant salienta que o axeitado son novas tecnoloxías que sexan quen de manexar e procesar grandes volumes de información (Big Data), tanto “en tempo real como en batch”, así como as técnicas de Intelixencia Artificial (AI) e Machine Learning capaces de aprender e adaptarse de forma continua a unha información complexa e diversa.
Un exemplo deste tipo de traballos e tecnoloxías con aplicacións concretas é o proxecto GLIK impulsado por Gradiant, ferramenta de análise de redes sociais que proporciona intelixencia sobre marcas, produtos ou servizos. Entre outras cousas, GLIK revela información fundamental de contidos procedentes das comunidades 2.0 a través da agrupación de textos en función da súa temática, a extracción de polaridade semántica (mensaxes positivas, negativas ou neutrais) e o descubrimento da meta e do obxecto de interese (queixas, necesidades, recomendacións, bromas, adquisicións) do usuario que publica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?