
Indo ao encontro, cómpre informar que as actividades concentraranse no vestíbulo da ETSE de Minas, no que estarán presentes empresas consolidadas como: PSA Peugeot Citroën, Segula, R, Altia, Quantum, BorgWarner ou Leitat, entre outras, que establecerán o seu stand no centro. Estas entidades empregarán o espazo habilitado para achegar bolsas, proxectos e dar a coñecer o seu xeito de traballo e, do mesmo xeito, o alumnado poderá depositar os seus currículos, algo que tamén é posible vía online a través da páxina web do Foro. Outra maneira de establecer unha canle entre empresas e aspirantes serán os workshops, grupos reducidos nos que o alumnado potenciará as súas competencias transversais mediante a realización de actividades como test psicotécnicos, dinámicas de grupo ou procesos de selección, entre outras.
En canto ao emprendemento, poderanse ver dous exemplos de entidades con denominación de orixe viguesa: UVigo Motorsport, a escudaría creada por alumnos de Enxeñería Industrial que participa na Fórmula Student; e Logonautas, empresa de robótica adaptada á aprendizaxe dos máis pequenos. Emporios, todas aquelas empresas que realicen produtos tanxibles e ensinables terán a posibilidade de facer unha demostración das súas creacións.
Por último mencionar as novidades neste foro, que teñen que ver coas conferencias, que nesta edición se ofrecerán ao público como actividade complementaria centrándose no eido técnico, con demostracións de avances en diferentes sectores tecnolóxicos dende un punto de vista didáctico.
Colle corpo a XVI edición do Foro Tecnolóxico de Emprego
Compartir Este Artigo

