Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pulo á innovación en Ourense cun novo espazo de coworking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pulo á innovación en Ourense cun novo espazo de coworking

Redacción
Publicado: 22/02/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_bayon_baltar.jpgOs emprendedores de Ourense contarán con novos mecanismos para levar a cabo as súas iniciativas de innovación. Así o deron o coñecer os días pasados a Deputación e máis a Escola de Organización Industrial (EOI), que fomentarán a fórmula do coworking (traballo de diferentes empresas innovadoras nun mesmo espazo compartido común), a formación especializada e o asesoramento. O acordo entre o organismo provincial galego e a EOI (dependente do Ministerio de Industria) foi dado a coñecer polos seus principais representantes, Manuel Baltar e Fernando Bayón, respectivamente. O convenio, sinalaron, permitirá a 64 emprendedores ourensáns desenvolver 88 proxectos. Para isto, engadiron, contarán cun espazo físico dotado con Wi-Fi e conexión eléctrica; formación, asesoramento e organización de eventos de networking.
En total, investiranse neste proxecto 800.000 euros, dos cales 640.000 serán achegados por EOI e 160.000, por parte da Deputación de Ourense. A iniciativa insírese no Plan Tranforma Ourense da entidade que preside Baltar. Esta actuación baséase na creación dun espazo conxunto destinado ao establecemento de emprendedores, previamente seleccionados, que aportarán proxectos “de previsible valor para a sociedade”.
Segundo fixeron saber Baltar e Bayón, a finalidade do coworking é fomentar o emprendemento e aumentar a probabilidade de éxito dos proxectos dos emprendedores nun período limitado de tempo, “identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento”. Unha vez rematada cada convocatoria o obxectivo é que os proxectos dos emprendedores que conten con maior probabilidade de éxito “poidan incorporarse en aceleradoras que cubran a seguinte fase de desenvolvemento dos proxectos”.
O proxecto abrangue a realización de catro convocatorias cunha duración cada unha delas de 5 meses, dando cabida en cada edición a un mínimo de 16 e un máximo de 22 proxectos de emprendedores. En cada proxecto seleccionado participará un mínimo de 1 persoa e un máximo de 3, que serán os beneficiarios finais da operación.
Como dixemos, durante o período de vixencia de cada edición fornecerase un espazo aberto con conexión Wi-FI e eléctrica no que os emprendedores terán a oportunidade de traballar conxuntamente. O espazo contará ademais cun servizo de coordinación para apoio aos emprendedores, e haberá espazos de formación e reunións para os procesos de tutela. Para dar a coñecer este proxecto realizarase unha convocatoria pública de cada unha das edicións. A selección levarse a cabo entre as candidaturas presentadas no formato que se determine en cada caso.
Durante o período de cada edición realizaranse 12 obradoiros de formación de 5 horas cada un (en total 60 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?